Categoría

Exposición Heritagers + Magosto colexial

Exposición Heritagers + Magosto colexial

O venres 15 de decembro, a partir das 19:00 h. e coincidindo coa inauguración da exposición HERITAGERS terá lugar, na Delegación de A Coruña do COAG, un MAGOSTO COLEXIAL, con castañas recén asadas polos castañeiros da Praza de Lugo da Coruña e tortas de castaña recén chegadas dos soutos do Courel; unha forma de celebrar estas datas cun froito que forma parte dunha cultura e dunha paisaxe milenarias. read more…

I Xornada sobre a Crise da Vivenda _ Diagnose da situación

I Xornada sobre a Crise da Vivenda _ Diagnose da situación

A problemática da vivenda en Galicia está cada día mais presente na sociedade. Os medios de comunicación empezaron a facer visible unha realidade cada dia máis complexa para unha gran parte da poboación. A falta de oferta de vivenda, en especial pública, e de mobilización da xa existente, levou a un incremento constante dos prezos de venda e, sobre todo, de alugueiro. A iso uniuse a presión turística nos centros de moitas cidades e pobos, ademais de cambios nos hábitos de traballo, cun incremento constante do teletraballo.
read more…

REHABILITAR, PASO A PASO

REHABILITAR, PASO A PASO

Un tríptico resume os 10 pasos que hai que dar para rehabilitar un edificio con garantías e os beneficios para a saúde dos seus habitantes.

read more…

EXPOSICIÓN HERITAGERS Unha reflexión sobre o patrimonio arquitectónico e o turismo

EXPOSICIÓN HERITAGERS Unha reflexión sobre o patrimonio arquitectónico e o turismo

O venres 15 de decembro, ás 19 horas, inaugúrase a exposición Heritagers que terá lugar na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Unha mostra ideada e comisariada polo arquitecto Fernando Agrasar (col. COAG nº1394), cun equipo integrado por Laura del Monte, Beatriz Ascanio, Aldara García e Cecilia Martínez –estudantes do Máster Universitario de Arquitectura–, a partir do proxecto realizado nos IV Encontros Residencia Artística no Pazo de Mariñán, do verán de 2023. read more…

Curso de Seguridade e saúde nas obras de construción. Criterios prácticos para a elaboración de EBSS e desenvolvemento da CSS

Curso de Seguridade e saúde nas obras de construción. Criterios prácticos para a elaboración de EBSS e desenvolvemento da CSS

O obxectivo do curso é acadar unha visión xeral da xestión da Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, pero centrándose especialmente naquelas actuacións que non requiren a designación expresa dun Coordinador de Seguridade e Saúde (en cumprimento do RD 1627/1997), cando o director da obra asume estas tarefas de forma implícita e non intervén un especialista en prevención de riscos.

read more…

Prazo de achegas ao borrador do Regulamento da Agrupación de Arquitectos Urbanistas

Prazo de achegas ao borrador do Regulamento da Agrupación de Arquitectos Urbanistas

Conforme ao previsto na circular 22/2023, a Comisión Xestora da “Agrupación de Arquitectos Urbanistas” elaborou unha proposta do Regulamento de dita Agrupación, coa denominación de “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas”, que será sometido á Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional e posteriormente elevado á Xunta Xeral para a aprobación definitiva. Neste sentido, ábrese un prazo de achegas para que os/as colexiados/as interesados/as fagan as suxestións que consideren oportunas ao respecto do texto do Regulamento. read more…

Subvencións ano 2024 para proxectos de mellora enerxética dirixido a autónomos e Pemes do sector servizos (Programa Bono Enerxía Peme)

Subvencións ano 2024 para proxectos de mellora enerxética dirixido a autónomos e Pemes do sector servizos (Programa Bono Enerxía Peme)

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (Código IN417Z). (DOG do 29 de novembro de 2023).

read more…