Curso de Seguridade e saúde nas obras de construción. Criterios prácticos para a elaboración de EBSS e desenvolvemento da CSS

5 Dec 2023

O obxectivo do curso é acadar unha visión xeral da xestión da Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, pero centrándose especialmente naquelas actuacións que non requiren a designación expresa dun Coordinador de Seguridade e Saúde (en cumprimento do RD 1627/1997), cando o director da obra asume estas tarefas de forma implícita e non intervén un especialista en prevención de riscos.

Preténdese indicar aos proxectistas e directores de obra os aspectos a ter en conta durante a elaboración de documentos na fase de proxecto (como os que afectarán ás operacións de mantemento e conservación do edifício), así como facilitar un protocolo de xestión documental para poñer en práctica durante a fase de construción, que responda a complexidade das relacións entre axentes intervenientes, xunto cun enfoque persoal de boas prácticas recomendadas.

O curso desenvolverase en tres bloques temáticos:

  • BLOQUE 1: INTRODUCCIÓN
  • BLOQUE 2: FASE DE PROXECTO. EBSS E ESS
  • BLOQUE 3: FASE DE OBRA

Prezos de matrícula

Os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 60 euros
  • Arquitectos colexiados: 40 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 25 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula: (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o xoves 7/12/2023 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do xoves 7/12/2023 ata o xoves 14/12/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Compartir