Conforme ao previsto na circular 22/2023, a Comisión Xestora da “Agrupación de Arquitectos Urbanistas” elaborou unha proposta do Regulamento de dita Agrupación, coa denominación de “Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas”, que será sometido á Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional e posteriormente elevado á Xunta Xeral para a aprobación definitiva. Neste sentido, ábrese un prazo de achegas para que os/as colexiados/as interesados/as fagan as suxestións que consideren oportunas ao respecto do texto do Regulamento.
O texto do borrador pódese consultar no seguinte ENLACE
As achegas deberanse realizar á maior brevidade posible e, en todo caso antes das 10 horas do vindeiro luns 11 de decembro, a través do formulario dispoñible no seguinte ENLACE