I Xornada sobre a Crise da Vivenda _ Diagnose da situación

11 Dec 2023

A problemática da vivenda en Galicia está cada día mais presente na sociedade. Os medios de comunicación empezaron a facer visible unha realidade cada dia máis complexa para unha gran parte da poboación. A falta de oferta de vivenda, en especial pública, e de mobilización da xa existente, levou a un incremento constante dos prezos de venda e, sobre todo, de alugueiro. A iso uniuse a presión turística nos centros de moitas cidades e pobos, ademais de cambios nos hábitos de traballo, cun incremento constante do teletraballo.

Fronte a esta situación, o Colexio de Arquitectos de Galicia pon en marcha unha serie de xornadas para diagnosticar a problemática e expor alternativas residenciais que contribúan a mitigar esta situación. Desde unha adecuada planificación urbana e territorial, asi como desde a revisión dos espazos residenciais, novos e rehabilitados, a Arquitectura pode ofrecer estratexias capaces de axudar á transformación desta realidade.

 

  • Programa
  • Data de celebración: 12 de decembro
  • Lugar de celebración: Salón de actos do Museo do Pobo Galego. Costa de San Domingos, 3, 15703, Santiago de Compostela, A Coruña. (mapa)
  • A asistencia é libre e gratuita. O aforo é limitado, sendo necesaria a inscrición a través da seguinte ligazón.

Compartir