Oficina de Apoyo a la Rehabilitación
Informe sobre as axudas á vivenda

Actualizado 02 | 05 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios...

#COAGconta: Dúbidas de aplicación da LOE

#COAGconta: Dúbidas de aplicación da LOE

O xoves 27 de xuño ás 12:00 horas, Enrique Urdiales de Santiago explicará algunhas das dúbidas máis recorrentes da Lei de Ordenación da Edificación, sobre a súa aplicación e a competencia profesional dos técnicos intervenientes.

read more…

Xornada “A construción do local”

Xornada “A construción do local”

Con motivo da itinerancia da exposición da #XVIBEAU no Mercado de Santo Agostiño na Coruña, o vindeiro xoves 16 de maio, ás 18:30 horas, terá lugar, na Delegación de A Coruña do COAG, a XORNADA “A construción do local”, que inclúe unha conferencia impartida por H arquitectes, premiados na categoría de “Obras”, e unha posterior mesa redonda ―moderada polo profesor Alberte Pérez― sobre o papel da arquitectura na conservación dunha cultura propia. read more…

Gravación da xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

Gravación da xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

O pasado luns, día 6 de maio, tivo lugar a xornada en liña “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos“, cuxa gravación está dispoñible na seguinte [+ligazón]. Nesta xornada, os docentes que impartirán os cursos Revit_ nivel iniciación e ArchiCAD_ nivel iniciación, amosaron os contidos, a plataforma, os materiais e metodoloxía a empregar. O prazo de matrícula para estes cursos permanecerá aberto ata as 23:59 h do próximo xoves 16 de maio, ou ata esgotar as prazas dispoñibles. read more…

Exposición CREUSeCARRASCO debuxos

Exposición CREUSeCARRASCO debuxos

O mércores 15 de maio, ás 19:00 horas, inaugúrase a exposición CREUSeCARRASCO debuxos na sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. A exposición poderá visitarse en horario de apertura do COAG ata o 15 de xullo. read more…

Visita ás instalacións da pranta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON

Visita ás instalacións da pranta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON

Coa proposta de coñecer as arquitecturas industriais de gran tamaño, a súa resolución construtiva e a súa interacción no territorio, a delegación en Lugo do COAG organiza unha xornada de convivencia para os/as seus/súas colexiados/as con visita ás instalacións da planta de aluminio en Cervo de ALCOA e ao estaleiro en Burela de ARMON o próximo día xoves 6 de xuño. read more…

Tradición e innovación dialogan sobre la regeneración de los centros urbanos en los proyectos ganadores del Festival TAC! para Vigo y San Fernando

Tradición e innovación dialogan sobre la regeneración de los centros urbanos en los proyectos ganadores del Festival TAC! para Vigo y San Fernando

TAC! Festival de Arquitectura Urbana—iniciativa impulsada por el Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana (MIVAU) con la colaboración de la Fundación Arquia y, en esta ocasión, con el apoyo del Concello de Vigo, el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia y el Ayuntamiento de San Fernando— ha seleccionado los proyectos ganadores del concurso de ideas para la construcción de los dos pabellones temporales de su tercera edición: Bajo el título ¡Qué faena(r)!, los arquitectos Óscar Cruz García y Pablo Paradinas Sastre instalarán su pabellón en la ciudad de Vigo (Pontevedra), y La Sal, de José Rodríguez y Carlos Montes González, se alojará en la ciudad de San Fernando (Cádiz).  read more…

Informe sobre as axudas á vivenda

Informe sobre as axudas á vivenda

Actualizado 02 | 05 | 24 | Tanto á luz dos fondos Next Generation, como de moitos outros tipos de programas de impulso á rehabilitación, as administracións públicas están a lanzar numerosas convocatorias de axudas e subvencións para a posta a punto dos nosos edificios de vivendas. Este informe pretende recoller todas aquelas de especial interese para o traballo do arquitecto e os usuarios finais.

Pinche aquí

Dispoñible a gravación da conferencia de Albert Cuchí “Santiago y su pasado”

Dispoñible a gravación da conferencia de Albert Cuchí “Santiago y su pasado”

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación desta conferencia do ciclo “Territorios Análogos”, celebrada o pasado 13 de marzo, a cargo de Albert Cuchí, Doutor Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. É profesor Titular do Departamento de Construcións Arquitectónicas I na Escola de Arquitectura do Vallès da Universidade Politécnica de Cataluña UPC. read more…

Gravación da xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

Xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

Desde a área de formación e innovación do COAG está a poñerse en marcha unha planificación de accións, divulgativas e formativas, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.

Nesta liña, o vindeiro luns, día 6 de maio, terá lugar a xornada en liñaPresentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos“, que ten como finalidade presentar en detalle os cursos Revit_ nivel iniciación e ArchiCAD_ nivel iniciación, cuxa preinscrición abrimos a semana pasada, e cuxa matrícula abriremos xa nos próximos días.  Nesta xornada, os docentes que impartirán ambos os cursos mostrarán os contidos, a plataforma, os materiais  e metodoloxía a utilizar, e responderán as dúbidas e preguntas que queirades trasladar. read more…