Visitando GDA [2023] Ampliado o prazo de inscrición

8 maio 2024

A Delegación de Pontevedra do COAG organiza un ciclo de visitas ás obras premiadas co premio Gran de Area 2023 dentro do ámbito da delegación.

Este ano foron tres os proxectos premiados na área de Pontevedra, e os seus autores debullarannos, a través das súas explicacións e dunha visita guiada, os pormenores de cada unha das obras.

As datas das visitas serán as seguintes:

  • 11 de maio: Vivenda unifamiliar en Sanxenxo, de Rodríguez + Pintos.
  • 27 de maio: Reestruturación de vivenda unifamiliar en Pontevedra, de Luis Gil Pita.
  • 8 de xuño: Recuperación patrimonial e paisaxística dos baños de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, de Cristina García Fontán.

Dende hoxe queda aberto o prazo de inscrición para a primeira das visitas, que será o 11 de maio, onde nos achegaremos á vivenda unifamiliar en Montalvo (Sanxenxo), obra de Rodríguez + Pintos. A visita comezará ás 11:00 horas e, posteriormente, asistiremos a unha charla-coloquio cos autores do proxecto, para finalizar a mañá cuns petiscos.

Disporase dun autobús, do que poderán facer uso todas as persoas interesadas en asistir á visita, que sairá ás 10:30 horas dende a Praza de Galicia en Pontevedra (enfrente NAKASA), tendo previsto o seu regreso ás 14:30 horas.

Para unha mellor organización da visita, é preciso confirmar a asistencia, así como a reserva de praza no autobús, antes das 14:00 h do día 10 de maio,  a través do seguinte FORMULARIO.

Nota: só se disporá de autobús en caso de que haxa un mínimo de 15 persoas interesadas en viaxar nel.

A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG

Compartir