Charla “A mobilidade como desafío democrático”

8 maio 2024

A Delegación de Santiago organiza este segundo encontro cos arquitectos Xerardo Estévez e Alfonso Salgado no que abordarán os retos da nova mobilidade.

A nova realidade urbana que se está implantando no mundo esixe análises relacionadas. A mobilidade é un desafío democrático, xunto á demanda de vivenda para a xente moza e o turismo. Pensamos que é necesario interpretar Santiago para descubrir Compostela e proxectar así un novo pensamento sobre o uso do espazo público para o día despois da invasión do coche e a motocicleta.

PONENTES

Xerardo Estévez (Santiago, 1948) arquitecto pola ETSA de Barcelona. En 1983 foi elixido alcalde de Santiago de Compostela. En 1998 deixou a política e continuou dedicándose aos temas da cidade, o territorio e o patrimonio como arquitecto, escritor e conferenciante.

Alfonso Salgado (Santiago, 1966), arquitecto. Xunto a Francisco Liñares dirixe Salgado e Liñares arquitectos. En 2020, recibiron o Premio de Arquitectura Española.

INSCRICIÓN

Aínda que a conferencia é de libre acceso para calquera persoa interesada, é necesaria a inscrición previa para unha adecuada organización.

A inscrición dá dereito á reserva de praza ata 10 minutos antes da hora de comezo. A partir dese momento ponse ao dispor dos interesados en asistir que se achegaron ao lugar de celebración.

ACCESO AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:
Mércores 15 de maio de 2024

HORARIO:
19:30 a 21:00 horas

LUGAR:
Salón de actos da Sede Afundación
Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela

 

Compartir