Gravación da xornada “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos”.

8 maio 2024

O pasado luns, día 6 de maio, tivo lugar a xornada en liña “Presentación próximos cursos e xornadas sobre metodoloxía BIM para arquitectos“, cuxa gravación está dispoñible na seguinte [+ligazón]. Nesta xornada, os docentes que impartirán os cursos Revit_ nivel iniciación e ArchiCAD_ nivel iniciación, amosaron os contidos, a plataforma, os materiais e metodoloxía a empregar. O prazo de matrícula para estes cursos permanecerá aberto ata as 23:59 h do próximo xoves 16 de maio, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.

Durante esta xornada aproveitamos así mesmo para expoñer as principais liñas de traballo e outras actividades programadas en relación á aplicación das novas tecnoloxías, prestando especial atención á súa aplicación para os profesionais da arquitectura.

Esta xornada forma parte da planificación de accións divulgativas e formativas desenvolvidas desde a área de formación e innovación do COAG, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.

Compartir