Categoría
#COAGconta: Programa segundo semestre [actualización]
Actualizouse a programación do #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo-decembro], coa incorporación dunha nova sesión que terá lugar o 12 de setembro sobre “Criterios de accesibilidade”.
#COAGconta é unha canle a través do que os colexiados poden obter a información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Nas seguintes ligazóns podes consultar a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación. [+programación cas] [+programación gal]
Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo – Unha praza de arquitecta/o
No BOP-Lugo de 23 de agosto, publícase o Anuncio de Extracto das bases da convocatoria para a contratación dunha/dun arquitecta/o Superior na Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), como persoal laboral indefinido e mediante o sistema de Concurso-Oposición. read more…
Curso “Acústica na arquitectura”
O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos e criterios prácticos necesarios para o acondicionamento acústico das edificacións. Para iso, desenvolverase tanto a definición proyectual, as solucións construtivas e o cumprimento das esixencias normativas como a execución das solucións e o control da obra executada, tanto en obra nova como en intervencións sobre edificacións existentes, rehabilitación acústica e actividades.
Por iso, durante o desenvolvemento do mesmo profundaremos nos fundamentos físicos do son, os diferentes sistemas construtivos e especialmente, a influencia dos illamentos e o seu comportamento fronte ao son e as vibracións. Ademais, analizaremos o marco normativo e a súa aplicación ás obras de construción, e expoñeremos os sistemas de ensaio dispoñibles e máis habituais para os distintos tipos de ruído.
Como conclusión de todo o anterior, estudaranse varios casos prácticos de execución de illamento acústico e de sistemas de control de ruído en edificación.
Prezos de matrícula
-
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 65 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros
Metodoloxía
-
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
-
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o xoves 05/09/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do xoves 05/09/2024 ata o luns 16/09/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]
Trámite de Consulta Pública previa á modificación da Ordenanza Reguladora de Licenzas ante a futura entrada do Decreto das ECCOM
Pola relevancia que posúe a modificación da ordenanza reguladora de licenzas do Concello da Coruña, ponse en coñecemento dos colexiados/as que o 13 de agosto abriu o trámite de consulta pública (até o 3 de setembro) para achegar aportacións a este proceso consultivo. read more…
Atención presencial na delegación de Pontevedra na semana do 19 ao 23 de agosto
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da delegación de Pontevedra na semana do 19 ao 23 de agosto, só terán atención presencial o martes 20 de agosto e o xoves 22 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Concello de Pontecesures – Unha praza de arquitecto/a
No BOE de 9 de agosto, publícase a Resolución de 26 de xullo de 2024, do Concello de Pontecesures (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a. read more…
Concello de Ribadumia – Unha praza de Técnico/a de Urbanismo
No BOE de 6 de agosto, publícase a Resolución de 23 de xullo de 2024, do concello de Ribadumia (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de Técnico/a de Urbanismo. read more…
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2024
Dispoñible a gravación da Conferencia Müller Feijoo – Ciclo Próximos 2024
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de “Muller-Feijoo” celebrada o pasado 5 de xuño, dentro do ciclo “Próximos 2024” organizado pola Delegación de Santiago.
Lemas presentados no concurso para a rehabilitación do edificio do antigo Mercado para unha Biblioteca Pública Municipal no Concello de Ponteareas
En relación no concurso para a rehabilitación do edificio do antiguo Mercado para unha Biblioteca Pública Municipal no Concello de Ponteareas, infórmase que o Concello fixo pública a relación de lemas presentados á primeira fase da convocatoria e que pode consultarse no seguinte ENLACE.
#COAGconta: Programa segundo semestre [actualización]
Actualizouse a programación do #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo-decembro], coa incorporación dunha nova sesión que terá lugar o 12 de setembro sobre "Criterios de accesibilidade". #COAGconta é unha canle a través do que os colexiados poden obter a...
Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo – Unha praza de arquitecta/o
No BOP-Lugo de 23 de agosto, publícase o Anuncio de Extracto das bases da convocatoria para a contratación dunha/dun arquitecta/o Superior na Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), como persoal laboral indefinido e mediante o sistema de...
Curso “Acústica na arquitectura”
O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos e criterios prácticos necesarios para o acondicionamento acústico das edificacións. Para iso, desenvolverase tanto a definición proyectual, as solucións construtivas e o cumprimento das...
Trámite de Consulta Pública previa á modificación da Ordenanza Reguladora de Licenzas ante a futura entrada do Decreto das ECCOM
Pola relevancia que posúe a modificación da ordenanza reguladora de licenzas do Concello da Coruña, ponse en coñecemento dos colexiados/as que o 13 de agosto abriu o trámite de consulta pública (até o 3 de setembro) para achegar aportacións a este proceso consultivo....
Atención presencial na delegación de Pontevedra na semana do 19 ao 23 de agosto
Infórmase que, por motivos de organización interna, as oficinas da delegación de Pontevedra na semana do 19 ao 23 de agosto, só terán atención presencial o martes 20 de agosto e o xoves 22 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.
Concello de Pontecesures – Unha praza de arquitecto/a
No BOE de 9 de agosto, publícase a Resolución de 26 de xullo de 2024, do Concello de Pontecesures (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de arquitecto/a. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte...
Concello de Ribadumia – Unha praza de Técnico/a de Urbanismo
No BOE de 6 de agosto, publícase a Resolución de 23 de xullo de 2024, do concello de Ribadumia (Pontevedra), referente á convocatoria para proveer varias prazas, entre as que figura unha praza de Técnico/a de Urbanismo. O prazo de presentación de solicitudes será de...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2024
Publicado na zona de normativa o listado da Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2024. Dito listado, estará dispoñible permanentemente no apartado da “Normativa Técnica”, ao seu carón esquerdo, e nos “documentos de apoio” da web...
Dispoñible a gravación da Conferencia Müller Feijoo – Ciclo Próximos 2024
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia de "Muller-Feijoo" celebrada o pasado 5 de xuño, dentro do ciclo "Próximos 2024" organizado pola Delegación de Santiago. Enlace á gravación.
Lemas presentados no concurso para a rehabilitación do edificio do antigo Mercado para unha Biblioteca Pública Municipal no Concello de Ponteareas
En relación no concurso para a rehabilitación do edificio do antiguo Mercado para unha Biblioteca Pública Municipal no Concello de Ponteareas, infórmase que o Concello fixo pública a relación de lemas presentados á primeira fase da convocatoria e que pode consultarse...