O obxectivo principal deste curso é proporcionar aos alumnos os coñecementos e criterios prácticos necesarios para o acondicionamento acústico das edificacións. Para iso, desenvolverase tanto a definición proyectual, as solucións construtivas e o cumprimento das esixencias normativas como a execución das solucións e o control da obra executada, tanto en obra nova como en intervencións sobre edificacións existentes, rehabilitación acústica e actividades.
Por iso, durante o desenvolvemento do mesmo profundaremos nos fundamentos físicos do son, os diferentes sistemas construtivos e especialmente, a influencia dos illamentos e o seu comportamento fronte ao son e as vibracións. Ademais, analizaremos o marco normativo e a súa aplicación ás obras de construción, e expoñeremos os sistemas de ensaio dispoñibles e máis habituais para os distintos tipos de ruído.
Como conclusión de todo o anterior, estudaranse varios casos prácticos de execución de illamento acústico e de sistemas de control de ruído en edificación.
Prezos de matrícula
-
- Matrícula ordinaria: 130 euros
- Arquitectos colexiados: 65 euros
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros
Metodoloxía
-
- Flexibilidade para o alumno.
- Enfoque práctico.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
-
- Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o xoves 05/09/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 h do xoves 05/09/2024 ata o luns 16/09/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.
[+ matriculación e programa completo do curso]