Actualizouse a programación do #COAGconta para o segundo semestre do ano [xullo-decembro], coa incorporación dunha nova sesión que terá lugar o 12 de setembro sobre “Criterios de accesibilidade”.
#COAGconta é unha canle a través do que os colexiados poden obter a información actualizada, a nivel xeral, sobre as temáticas que, de forma directa ou indirecta, cobran máis relevancia no seu día a día profesional como arquitectos. Cun formato áxil e en sesións breves, #COAGconta busca ser un espazo para informar, clarificar e debater cuestións de interese, ben pola súa actualidade, ben por tratarse de problemáticas habituais.
Nas seguintes ligazóns podes consultar a información completa relativa a #COAGconta: Definición, temáticas, modalidades e programación. [+programación cas] [+programación gal]