Categoría

Composición do xurado dos Premios PRÓXIMOS 2024

Composición do xurado dos Premios PRÓXIMOS 2024

A Xunta Directiva da Delegación de Santiago acordou nomear aos seguintes membros do xurado que avaliará os proxectos presentados nos Premios PRÓXIMOS 2024, que organiza a Delegación.

  • Ángel Panero é arquitecto coordinador da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago de Compostela. Tamén forma parte da Comisión asesora da cidade histórica, e é docente no Curso Superior de Xestores de Obras de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción.
  • María González é socia fundadora do estudo de arquitectura SOL89, xunto ao seu compañeiro Juanjo López de la Cruz. Son gañadores de múltiples premios e recoñecementos, tanto a nivel nacional coma internacional. Tamén é profesora asociada do Departamento de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla (ETSA Sevilla) dende o ano 2005.
  • Alfredo Freixedo é arquitecto socio de Oikos Estudio SLP, gañadores de numerosos premios e recoñecementos, tanto de obra nova coma de rehabilitación. Tamén foi docente no Departamento de Proxectos arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Segundo se estipula na base 6ª:

6. Xurado

A composición do xurado anunciarase más adiante, tendo en conta que os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.

O xurado poderá asumir o rexeitamento daquelas obras ou proxectos que cualifique de non rematados por completo.

O xurado reservase tamén a potestade de aceptar ou rexeitar aquelas obras que poidan ter un defecto de forma na súa candidatura que considere menor e non afecte á esencia do premio que é recoñecer a arquitectura de calidade que se fai no noso territorio.

BASES DOS PREMIOS

 

Concello de Cambre – Convocatoria lista de arquitectos/as interinos/as

Concello de Cambre – Convocatoria lista de arquitectos/as interinos/as

No BOP-A Coruña de 17 de outubro, publícase a seguinte resolución do Concello de Cambre:

Bases da convocatoria de concurso-oposición para a elaboración de relación de candidatos para nomeamentos de arquitectos interinos

Por resolución da concelleira delegada da Area de Servizos Sociais e Recursos Humanos núm.1213/2024 de data 9 de outubro de 2024, aprobáronse a convocatoria e as bases do concurso-oposición para a elaboración de relación de candidatos para nomeamentos de arquitectos interinos.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de dez (10) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia.

ENLACE AO BOP.

Consulta pública previa sobre el Código Técnico de la Edificación

Consulta pública previa sobre el Código Técnico de la Edificación

Está disponible en la web del Ministerio de Vivienda y Agenda Urbana la Consulta pública previa sobre el Proyecto de Real Decreto por el que se modifica el Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, y la Orden VIV/1744/2008, de 9 de junio, por la que se regula el Registro General del Código Técnico de la Edificación. read more…

Oferta de emprego.

Oferta de emprego.

Estudo ARQUITECTURA ZABALLA Y CARBALLAS SLP,  con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para redacción de proxectos en todas a súas fases.
read more…

Ayuntamiento de Santiago de Compostela. Convocatoria de subvenciones para rehabilitación entorno Casco histórico

Ayuntamiento de Santiago de Compostela. Convocatoria de subvenciones para rehabilitación entorno Casco histórico

En el BOP-A Coruña de 2 de octubre, se publica el Extracto del Acuerdo de Junta de Gobierno Local de data 23 de septiembre de 2024 por el que se convocan subvenciones para la rehabilitación correspondientes al Programa de ayuda a las actuaciones de rehabilitación a nivel de barrio do “Plan de recuperación, transformación y resiliencia – financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU” correspondiente al Entorno Residencial de Rehabilitación Programada do Casco histórico del Concello de Santiago de Compostela.

Enlace al BOP.

Xornada “Procesos de transformación urbana. Deseño colaborativo na produción do espazo Público”

Xornada “Procesos de transformación urbana. Deseño colaborativo na produción do espazo Público”

DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2024.

Dende a Delegación de Pontevedra do COAG convidámoste a asistir á xornada que vai ter lugar o vindeiro luns, 21 de outubro, ás 18:30 horas, na Casa das Campás, situada na Rúa Don Filiberto nº 9, en Pontevedra, para celebrar o Día Mundial da Arquitectura 2024.

Este ano, o tema escollido pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) é  “Empoderar á próxima xeración no deseño urbano participativo”, facendo fincapé no papel dos novos arquitectos na planificación e o desenvolvemento urbano, e animándoos a participar en procesos participativos, achegando novas perspectivas esenciais para o desenvolvemento sostible.

Por iso, e seguindo a recomendación da UIA, dende a Delegación de Pontevedra queremos celebrar este día amosando proxectos exitosos liderados por mozos e mozas que transformaron comunidades e melloraron as condicións de vida urbanas, destacando a importancia do deseño urbano participativo.

Programa da xornada:

18:30h Apertura
18:35h Lectura de manifesto
18:45h Ponencia Taller Abierto (Ana Barreiro e África Martínez)
19:05h Ponencia Estudio Rurban (Martín Barreiro e María Masaguer)
19:25h Ponencia Carme Nogueira
19:45h Debate moderado por Susana Regueira
20:15h Preguntas
20:30h Peche

O acto é aberto ao público pero, para unha mellor organización, prégase confirmar asistencia na seguinte ligazón antes das 14:00 horas do luns, 21 de outubro.

Ao finalizar o acto, compartiremos uns petiscos.

A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG

_Taller Abierto
Taller Abierto está formado por dúas arquitectas, Ana Barreiro e África Martínez, que desde 2013 desenvolven proxectos artísticos e culturais. Entre as súas actividades están a organización de cursos de formación para docentes, o comisariado de exposicións, e os talleres didácticos en museos e institucións privadas. O seu labor no eido da educación, ademais, abarca a produción de material didáctico sobre diferentes temas en soporte físico e audiovisual. Para elas o espazo público e a paisaxe poden ser motor de aprendizaxe, polo que tamén implementan proxectos no que estes son protagonistas.
_Estudio Rurban
Rurban é unha oficina creada por Martín Barreiro Cruz, arquitecto urbanista, e María Masaguer Otero, historiadora e antropóloga, onde un grupo de profesionais traballan convencidos da necesidade de ofrecer novas solucións ás formas que temos de habitar, desprazarnos e empregar o territorio. A reflexión-acción sobre os espazos periurbanos, configura a súa principal liña de actuación e investigación. Ao longo destes anos foron especializándose en distintas áreas de traballo como son a planificación estratéxica, a mobilidade peonil e ciclable, o urbanismo inclusivo, os camiños escolares, entre outras.
_Carme Nogueira
Carme Nogueira é unha artista multidisciplinar e investigadora. Traballou sobre os procesos de subxectivización e a función normalizadora dos espazos a través da fotografía, o vídeo e a instalación. Nos últimos traballos esta problemática materialízase nunha serie de procesos de investigación e accións para o espazo público. A partir destas accións e investigacións, e coa axuda de obxectos creados especificamente para cada proxecto, tenta promover situacións que activan ao espectador ou colaboradores no proxecto. Deste xeito pódense xerar outras narrativas e activar arquivos e lugares.
_Susana Regueira
Susana Regueira é licenciada en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid. Exerce o xornalismo dende moi nova en medios como El Correo Gallego e en 1993 incorporouse á redacción de Faro de Vigo, onde escribe contidos de Sociedade e Cultura. Publica en diversos medios como El Periódico de Catalunya e colaborou con revistas como Viajes de National Geographic. Foi a autora dos textos e o recitado da ópera contemporánea Voci vicine, partitura do compositor italiano Fabio Cifariello Ciardi (Roma, 1960) cun enfoque que procura amplificar a voz do pobo italiano e, neste caso, galego, e que estreou en 2016 coa orquestra sueca Kammerensemble no marco do Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora.
Manual para la contratación pública ecológica de la Administración General del Estado

Manual para la contratación pública ecológica de la Administración General del Estado

El Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) ha publicado el Manual para la contratación pública ecológica de la Administración General del Estado, elaborado por el Grupo de Investigación Compra Pública Verde de la Universidad de Alcalá, e impulsado por la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico con el apoyo de la Dirección General de Servicios del Ministerio.

Este Manual es una herramienta que tiene como objetivo facilitar la adaptación y aplicación del Plan de Contratación Pública Ecológica en el ámbito de la Administración General del Estado, respondiendo a la necesidad de incorporar criterios ecológicos en la contratación pública, lo que permitirá a las administraciones fomentar y contribuir a los objetivos de sostenibilidad económica y medioambiental en el desarrollo de su actividad. En concreto, recoge una serie de criterios medioambientales generales de contratación, de carácter voluntario, que podrán ser incorporados a los pliegos de contratación como criterios de selección, de adjudicación, especificaciones técnicas y condiciones especiales de ejecución.

Esta publicación va dirigida a los gestores públicos, organizaciones o entidades que deban desarrollar una contratación pública. Aunque su destinatario principal es la Administración General del Estado, también puede ser de utilidad para otras administraciones públicas, así como para el resto de operadores jurídicos y económicos, en general.

Curso de Introdución á construcción con madeira

Curso de Introdución á construcción con madeira

O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para a utilización da madeira como material estrutural e construtivo tanto para obra nova como rehabilitación. Faremos un repaso das súas propiedades físico-mecánicas e dos principais sistemas construtivos, así como dos aspectos fundamentais a ter en conta en materia de durabilidade y deseño de detalles.

As exposicións teóricas completaranse cunha visita presencial de interese de carácter voluntario, relacionadas co temario impartido no curso.

Este curso está organizado no marco do acordo de colaboración suscrito polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares. 

Prezos de matrícula 

O curso conta coa financiación de XERA, polo que os prezos de matrícula para colexiados son especialmente reducidos. O aforo é limitado.

  • Matrícula ordinaria: 80 euros
  • Arquitectos colexiados: 35 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 20 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
  • Complementase cunha visita presencial de carácter voluntario.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o xoves 17/10/2024 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 23:59 h do xoves 17/10/2024 ata o martes 22/10/2024 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

 

Oferta de emprego.

Oferta de emprego.

Estudo ARQUITECTURA ZABALLA Y CARBALLAS SLP,  con sede en VIGO selecciona arquitecto/a para redacción de proxectos en todas a súas fases. Funcións: Todas as propias dun estudio de Arquitectura. Requisitos: Bon coñecemento técnico e de normativa aplicada. Manexo de...