No BOP-A Coruña de 17 de outubro, publícase a seguinte resolución do Concello de Cambre:
Bases da convocatoria de concurso-oposición para a elaboración de relación de candidatos para nomeamentos de arquitectos interinos
Por resolución da concelleira delegada da Area de Servizos Sociais e Recursos Humanos núm.1213/2024 de data 9 de outubro de 2024, aprobáronse a convocatoria e as bases do concurso-oposición para a elaboración de relación de candidatos para nomeamentos de arquitectos interinos.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello no prazo de dez (10) días hábiles contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia.