A Xunta Directiva da Delegación de Santiago acordou nomear aos seguintes membros do xurado que avaliará os proxectos presentados nos Premios PRÓXIMOS 2024, que organiza a Delegación.
- Ángel Panero é arquitecto coordinador da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago de Compostela. Tamén forma parte da Comisión asesora da cidade histórica, e é docente no Curso Superior de Xestores de Obras de Rehabilitación da Fundación Laboral da Construción.
- María González é socia fundadora do estudo de arquitectura SOL89, xunto ao seu compañeiro Juanjo López de la Cruz. Son gañadores de múltiples premios e recoñecementos, tanto a nivel nacional coma internacional. Tamén é profesora asociada do Departamento de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla (ETSA Sevilla) dende o ano 2005.
- Alfredo Freixedo é arquitecto socio de Oikos Estudio SLP, gañadores de numerosos premios e recoñecementos, tanto de obra nova coma de rehabilitación. Tamén foi docente no Departamento de Proxectos arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).
Segundo se estipula na base 6ª:
6. Xurado
A composición do xurado anunciarase más adiante, tendo en conta que os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.
O xurado poderá asumir o rexeitamento daquelas obras ou proxectos que cualifique de non rematados por completo.
O xurado reservase tamén a potestade de aceptar ou rexeitar aquelas obras que poidan ter un defecto de forma na súa candidatura que considere menor e non afecte á esencia do premio que é recoñecer a arquitectura de calidade que se fai no noso territorio.