Categoría

Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas. Nova web e apertura do proceso de incorporación

Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas. Nova web e apertura do proceso de incorporación

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia constituíu o pasado mes de maio a “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” (AGAAP) (circular nº 10/2024)

A AGAAP aspira a facilitar a interacción e favorecer a cohesión entre os arquitectos e arquitectas que traballamos nas diferentes administracións públicas de Galicia. read more…

VIII Jornadas de Rehabilitación, MÁISMADEIRA

VIII Jornadas de Rehabilitación, MÁISMADEIRA

El Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia celebra, con la ayuda del Instituto Galego de Promoción Económica, las VIII Jornadas de Rehabilitación en Madera, MáisMadeira. La cita será el 21 de noviembre, en la  Finca da Rocha, de Santiago de Compostela.

La rehabilitación en madera ha adquirido en los últimos años un protagonismo especial. El interés creciente de clientes por esta disciplina se traduce en nuevas iniciativas donde este material adquiere cada vez un mayor protagonismo por sus características naturales, por  su versatilidad, belleza y por los beneficios que representa.

Estas Jornadas, las octavas que celebra la entidad, pretenden ser un punto de encuentro entre profesionales de la arquitectura, el diseño, industria, carpinteros, Universidad, centros de FP y Centros Tecnológicos donde debatir las posibilidades que ofrece la rehabilitación en madera y mostrar diferentes soluciones técnicas con este material.

Visita guiada a dos obras de Seara Peleteiro, en Allariz

Durante la jornada de mañana, na FInca da Rocha, los estudios de arquitectura Liqe Arquitectura, Seara Peleteiro Arquitectos y Arqxé Arquitectura compartirán, a través de diferentes ejemplos, la forma de tratar la madera en el ámbito de la rehabilitación, los problemas encontrados durante el proceso y las soluciones planteadas. Al término de sus exposiciones, se celebrará una mesa redonda a la que se incorporarán las empresas asociadas al CMD, Laminados Villapol, Maderas Rubén y, a mayores, Siero Lam., quienes abordarán los retos a los que se enfrenta la rehabilitación en madera. Estará moderada por la arquitecta, Carmen Rey.

Ya a la tarde, realizaremos una visita guiada por Seara Peleteiro a Casa da Viña y Casa San Vitorio, ambas en Allariz. Casa da Viña es una cuidada rehabilitación que fue premiada con el Premio a la mejor Obra de Rehabilitación del COAG del bienio 2014-2016 y el Gran de Area de Aportación a la Arquitectura. Por su parte, Casa San Vitorio, está basada en la prefabricación y en la integración en el medio natural.

MÁS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN.

Seminario “Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible”

Seminario “Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible”

En liña co traballo que o COAG ven desenvolvendo no ámbito social para a mellora de accesibilidade a unha vivenda para todas e todos, participará coa entidade EAPN Galicia (European Anti Poverty Network), do Día Mundial do Urbanismo, formando parte dunha das mesas de debate do seminario “Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible”, que terá lugar o vindeiro día 8 de novembro na sala de conferencias da EGAP, en Fontiñas.

read more…

Concello de Narón – Unha praza de arquitecto/a

Concello de Narón – Unha praza de arquitecto/a

No DOG de 29 de outubro publícase o ANUNCIO das bases específicas e da convocatoria dunha praza de arquitecto superior, incluída na oferta pública extraordinaria de estabilización para 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 175, do 11 de setembro de 2024, foron publicadas as bases específicas e a convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto superior, incluída na oferta pública extraordinaria de estabilización para 2023.

Enlace ao DOG.

Enlace ao BOP A Coruña de 11 de setembro.

NOVAS DE NOVOS. DMA: Proxectamos o futuro agora

NOVAS DE NOVOS. DMA: Proxectamos o futuro agora

O Día Mundial da Arquitectura celébrase cada ano, establecido en 1985 pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) co obxectivo de resaltar o papel fundamental que desempeña a arquitectura na calidade de vida das persoas e no desenvolvemento sostible das comunidades.

O lema que este ano proposto polo CSCAE é PROXECTAMOS O FUTURO AGORA.

Recoñecendo o acerto de poñer o foco na mocidade, en concreto, no papel determinante que teñen os/as novos arquitectos/as para construír un mundo máis sostible, a campaña do CSCAE busca aterrar o lema e o manifesto da UIA na realidade das nosas contornas urbanas e rurais, nos retos que temos que afrontar, e no colectivo de arquitectos/as dunha forma interxeracional.

Deste xeito, o MARTES 29 DE OUTUBRO na Delegación de Lugo do Coag, ás 19:00 horas convocamos ao público en xeral á actividade denominada

NOVAS DE NOVOS

Contaremos cos compañeiros de profesión,  Jennifer Núñez e Daniel Magide, que son representación dos novos arquitectos e arquitectas da nosa Delegación. A través da súa experiencia acadaremos una imaxe fixa dos primeiros anos de profesión, entenderemos cales son as actuais razóns ou necesidades da primeira colexiación, o presente profesional e as aspiracións de cara ao futuro.

Tras a exposición das súas traxectorias profesionais organizaremos unha unha táboa moderada por Carmen Figueiras, presidenta da delegación, a tratar os seguintes temas:

  1. Desexos e esperanzas de cara ao futuro.
  2. Reflexións sobre o que supón iniciar e exercer a profesión nun territorio periférico como Lugo.
  3. Proposta de melloras no exercicio da profesión.
  4. Dudas, preguntas, propostas do público asistente.

Para finalizar, ás 20.30 h compartiremos uns pinchos  e bebidas para darlle fin á xornada.

Actividade aberta aos colexiados e colexiadas e ao público en xeral.

#COAGconta: Orientaciones para a integración de PRL no deseño de cubertas_ xornada 2

#COAGconta: Orientaciones para a integración de PRL no deseño de cubertas_ xornada 2

O próximo xoves día 31 de outubro, ás 17:30, celébrase a segunda xornada de #COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas: A responsabilidade dos proxectistas en materia de seguridade e saúde para a prevención de sinistros laborais. 

Eva Fernández Pardo, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña, será a relatora durante esta xornada. Abordará a importancia da prevención de riscos laborais desde a súa orixe, coa implicación do proxectista, no deseño de edificacións como futuras contornas de traballo seguros; implicación que resulta básica e que deriva dun conxunto de normas legais, cuxo incumprimento pode xerar responsabilidades, non só en vía administrativa, senón tamén noutras ordes, sendo fundamental o coñecemento do seu alcance, para o exercicio da profesión con responsabilidade e seguridade xurídica.

Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte  [+ ligazón].

Esta xornada é continuación da anterior, sobre Sistemas de protección para traballos en cubertas: Liñas de vida, celebrada o pasado xoves 24 de outubro, cuxa grabación pódese atopar na páxina de grabacións.

Colabora

Guía para descarbonizar as calefaccións centrais en España. CSCAE

Guía para descarbonizar as calefaccións centrais en España. CSCAE

No proceso de descarbonización da economía impulsado pola UE, o CSCAE preséntanos a guía Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Contexto e solucións para o seu impulso. O estudo, que se desenvolveu co financiamento da European Climate Foundation e a colaboración de Tecnalia, ofrece unha radiografía exhaustiva da situación actual con datos que dimensionan o reto a nivel territorial. Ademais, compleméntase  con solucións para impulsar a descarbonización das calefaccións centrais co remate de salvar os obstáculos que lastran a transformación profunda e integral que precisa o parque edificado en España.

read more…

Concello de Narón – Unha praza de arquitecto/a

Concello de Narón – Unha praza de arquitecto/a

No DOG de 29 de outubro publícase o ANUNCIO das bases específicas e da convocatoria dunha praza de arquitecto superior, incluída na oferta pública extraordinaria de estabilización para 2023. No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 175, do 11 de setembro de...

Convocatoria do programa de axuda ó despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos en edificios.

Convocatoria do programa de axuda ó despregamento de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos en edificios.

Ampliouse o prazo para solicitar as axudas ata o 31 de decembro de 2024. No DOG do 5 de agosto de 2021, apareceu a RESOLUCIÓN do Instituto Enerxético de Galicia do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas...

NOVAS DE NOVOS. DMA: Proxectamos o futuro agora

NOVAS DE NOVOS. DMA: Proxectamos o futuro agora

O Día Mundial da Arquitectura celébrase cada ano, establecido en 1985 pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) co obxectivo de resaltar o papel fundamental que desempeña a arquitectura na calidade de vida das persoas e no desenvolvemento sostible das comunidades....

Guía para descarbonizar as calefaccións centrais en España. CSCAE

Guía para descarbonizar as calefaccións centrais en España. CSCAE

No proceso de descarbonización da economía impulsado pola UE, o CSCAE preséntanos a guía Descarbonizar as calefaccións centrais en España. Contexto e solucións para o seu impulso. O estudo, que se desenvolveu co financiamento da European Climate Foundation e a...