NOVAS DE NOVOS. DMA: Proxectamos o futuro agora

25 Out 2024

O Día Mundial da Arquitectura celébrase cada ano, establecido en 1985 pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) co obxectivo de resaltar o papel fundamental que desempeña a arquitectura na calidade de vida das persoas e no desenvolvemento sostible das comunidades.

O lema que este ano proposto polo CSCAE é PROXECTAMOS O FUTURO AGORA.

Recoñecendo o acerto de poñer o foco na mocidade, en concreto, no papel determinante que teñen os/as novos arquitectos/as para construír un mundo máis sostible, a campaña do CSCAE busca aterrar o lema e o manifesto da UIA na realidade das nosas contornas urbanas e rurais, nos retos que temos que afrontar, e no colectivo de arquitectos/as dunha forma interxeracional.

Deste xeito, o MARTES 29 DE OUTUBRO na Delegación de Lugo do Coag, ás 19:00 horas convocamos ao público en xeral á actividade denominada

NOVAS DE NOVOS

Contaremos cos compañeiros de profesión,  Jennifer Núñez e Daniel Magide, que son representación dos novos arquitectos e arquitectas da nosa Delegación. A través da súa experiencia acadaremos una imaxe fixa dos primeiros anos de profesión, entenderemos cales son as actuais razóns ou necesidades da primeira colexiación, o presente profesional e as aspiracións de cara ao futuro.

Tras a exposición das súas traxectorias profesionais organizaremos unha unha táboa moderada por Carmen Figueiras, presidenta da delegación, a tratar os seguintes temas:

  1. Desexos e esperanzas de cara ao futuro.
  2. Reflexións sobre o que supón iniciar e exercer a profesión nun territorio periférico como Lugo.
  3. Proposta de melloras no exercicio da profesión.
  4. Dudas, preguntas, propostas do público asistente.

Para finalizar, ás 20.30 h compartiremos uns pinchos  e bebidas para darlle fin á xornada.

Actividade aberta aos colexiados e colexiadas e ao público en xeral.

Compartir