En liña co traballo que o COAG ven desenvolvendo no ámbito social para a mellora de accesibilidade a unha vivenda para todas e todos, participará coa entidade EAPN Galicia (European Anti Poverty Network), do Día Mundial do Urbanismo, formando parte dunha das mesas de debate do seminario “Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible”, que terá lugar o vindeiro día 8 de novembro na sala de conferencias da EGAP, en Fontiñas.
A participación é libre, previa inscrición.
Máis información e inscrición no seguinte ENLACE.