O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia constituíu o pasado mes de maio a “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” (AGAAP) (circular nº 10/2024)
A AGAAP aspira a facilitar a interacción e favorecer a cohesión entre os arquitectos e arquitectas que traballamos nas diferentes administracións públicas de Galicia.
NOVA WEB
Informámosvos que a páxina web da Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas (AGAAP) xa se atopa operativa. Podes acceder no seguinte enlace:
INCORPORACIÓN
Tamén se indica que xa é posible solicitar a alta na AGAAP.
Na web da Agrupación, dentro do apartado AGRÚPATE da web, enlázase o formulario que permite solicitar a incorporación e achegar a información xustificativa necesaria.
A finais do mes de novembro está previsto que se convoquen as eleccións para elixir á nova Xunta Directiva da Agrupación e para poder participar como electores nesas eleccións será preciso figurar inscrito na Agrupación na data da convocatoria
Conforme ao anterior, agradecemos que os arquitectos e arquitectas que queiran solicitar a súa incorporación a Agrupación o realicen coa maior antelación para poder revisar e confirmar a documentación da súa solicitude.