O próximo xoves día 31 de outubro, ás 17:30, celébrase a segunda xornada de #COAGconta: Orientacións para a integración de PRL no deseño de cubertas: A responsabilidade dos proxectistas en materia de seguridade e saúde para a prevención de sinistros laborais.
Eva Fernández Pardo, Inspectora de Traballo e Seguridade Social da Coruña, será a relatora durante esta xornada. Abordará a importancia da prevención de riscos laborais desde a súa orixe, coa implicación do proxectista, no deseño de edificacións como futuras contornas de traballo seguros; implicación que resulta básica e que deriva dun conxunto de normas legais, cuxo incumprimento pode xerar responsabilidades, non só en vía administrativa, senón tamén noutras ordes, sendo fundamental o coñecemento do seu alcance, para o exercicio da profesión con responsabilidade e seguridade xurídica.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón].
Esta xornada é continuación da anterior, sobre Sistemas de protección para traballos en cubertas: Liñas de vida, celebrada o pasado xoves 24 de outubro, cuxa grabación pódese atopar na páxina de grabacións.
Colabora