Categoría
CSCAE: Convocatoria. Proceso contratación arquitecto/a para Dpto Área Técnica y coordinación de la Red Oficinas Rehabilitación (Red OAR)
Convocatoria de las BASES DEL PROCESO PARA LA CONTRATACIÓN DE UN ARQUITECTO PARA SU INCORPORACIÓN AL DEPARTAMENTO DE ÁREA TÉCNICA DEL CSCAE Y LA COORDINACIÓN DE LA RED DE OFICINAS DE REHABILITACIÓN. read more…
Convocatoria de ANMARQ a la manifestación el 22 de febrero en Madrid
Las asociaciones, agrupaciones y plataformas de mutualistas: arquitectos, abogados, aparejadores, químicos, procuradores convocan a una manifestación en Madrid el sábado 22 de febrero. read more…
#COAGconta: Erros na confección do Certificado de Eficiencia Enerxética e posible responsabilidade por mala praxe
O mércores 19 de febreiro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale explicarannos a casuística da concepción dos certificados de eficiencia enerxética de edificios, pois moitos padecen erros de concepto, nula explicación do observado, falta de visita á obra, ou abuso de opcións por defecto. Á parte de posibles reclamacións da administración poderían aparecer problemas maiores se detrás existe a tramitación dalgunha subvención.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Exposición “Fernando Blanco. Paisaxe, conciencia, fábrica”
O Colexio de Arquitectos vos convida a participar na inauguración da exposición do mestre arquitecto Fernando Blanco Guerra: FERNANDO BLANCO. PAISAXE, CONCIENCIA, FÁBRICA, organizada pola Fundación Luis Seoane da Coruña, o vindeiro venres 7 de febreiro ás 19,30 h. Un percorrido pola casi totalidade da súa obra arquitectónica e creativa que mostra a súa capacidade multidisciplinar e a súa aportación á cultura galega nestes últimos 50 anos. read more…
#COAGconta: Memorias de actividade
O mércores 5 de febreiro ás 12:00 horas, Ignacio Soto González falaranos sobre as memorias de actividade, normativa, tramitación, prazos, control, cambios de titularidade, contido etc.
Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xaneiro de 2025
Dispoñible a gravación da conferencia “Áncora ou Trampolín” de SOL89
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia celebrada o pasado 24 de xaneiro no Museo do Pobo Galego, co título de “Áncora ou Trampolín”, impartida polos arquitectos María González e Juanjo López de la Cruz, fundadores do estudio de arquitectura Sol89. read more…
Enquisa Preinscrición Cursos TIC 2025_ QGIS, Revit, ArchiCAD, CypeMEP
Dende o COAG estamos a organizar a oferta formativa relacionada cas TIC deste ano 2025. Dentro dos cursos propostos pódense atopar os seguintes:

No caso de que esteas interesado en matricularte nalgún destes cursos, é importante que te inscribas no seguinte formulario, xa que a decisión sobre a organización dos cursos dependerá dos resultados obtidos nesta preinscrición (se non estiveras interesado nesta edición, pedímosche que por favor non cubras o formulario).
A data límite para cubrir o formulario de preinscripción será o próximo domingo 16 febrero, ás 23:59 h.
Unha das principais dificultades dos arquitectos á hora de formarse nestas materias é a incompatibilidade dos calendarios lectivos habituais nestes cursos co desenvolvemento da actividade profesional, xa que, ao tratarse de materias cunha marcada compoñente práctica, a adicación requerida, axustando a duración do curso ao calendario lectivo, pode resultar excesiva.
Para tentar minimizar esta dificultade, a metodoloxía destes cursos está pensada para aportar a maior flexibilidade posible ao alumno, que permite adaptar a duración e adicación aos cursos ás súas necesidades e á súa dispoñiblidade.
O resume dos contidos dos cursos abaixo:
QGIS_ nivel iniciación
Este curso aborda o uso de Sistemas de Información Xeográfica (GIS) cun enfoque práctico mediante a ferramenta QGIS. Iníciase explicando os conceptos básicos de GIS, a súa importancia, compoñentes, modelos de datos e análise espacial. Logo, profundízase na interface de QGIS, configuración xeral, administración de capas e creación de proxectos. Tamén se detalla a obtención de datos xeográficos, formatos de almacenamento e o manexo de proxeccións. Posteriormente, abórdanse a representación, simbolización e edición de información xeográfica, tanto de atributos como de capas, destacando ferramentas de cálculo xeométrico. Analízanse operacións espaciais avanzadas, selección de obxectos por localización e procesos de solape. Finalmente, ensínase a creación de deseños de impresión e a automatización de coleccións de mapas. Ao longo do curso, intégranse exercicios titorizados e avaliacións para consolidar os coñecementos adquiridos.
QGIS_ nivel intermedio
Este módulo avanzado de QGIS abarca ferramentas esenciais para a análise e manexo de información geoespacial. Inicia coa edición avanzada e corrección de erros topolóxicos, permitindo mellorar a precisión de datos vectoriais. Abordase a xeorreferenciación de imaxes e capas vectoriais, indispensable para posicionar información no espazo xeográfico. A análise do terreo céntrase en pendentes, orientacións e xeración de curvas de nivel. Preséntanse as capacidades de SAGA e a súa integración con QGIS, destacando o cálculo do índice NDVI. A calculadora ráster permite operacións matemáticas complexas e análises multivariantes. Explórase o manexo de datos LIDAR para modelos de elevación. Tamén se destacan o modelador gráfico e Data Plotly para a creación de gráficos e diagramas. Finalmente, introdúcense atlas dinámicos, automatización de procesos e filtrado avanzado de capas, proporcionando ferramentas para a creación de informes dinámicos e visualizacións geoespaciais.
Curso Revit_ nivel iniciación
Este temario abrangue de forma detallada os principais aspectos do traballo con Revit BIM, unha ferramenta fundamental para desenrolar un proxecto básico.. A formación estrutúrase desde unha introdución básica á interface e ás funcionalidades do software ata a creación avanzada de elementos construtivos, visualización 3D, planificación e xeración de documentación. A través de exercicios tutorizados e prácticas de avaliación, o alumnado poderá consolidar os coñecementos adquiridos e desenvolver proxectos de maneira eficiente e profesional.
Curso Revit_ nivel intermedio
O temario aborda de maneira progresiva o manexo de Revit para o deseño BIM, co obxectivo de capacitar ao alumnado para desenvolver un proxecto de execución completo en Revit. Comeza cunha introdución sobre os elementos básicos, navegación e axustes previos do proxecto. Trátanse aspectos como a creación de filtros de visualización, modificación e configuración de emprazamentos, así como a xeración de masas conceptuais para desenvolver formas complexas. Inclúe contidos estruturais sobre a creación de pilares, vigas e cimentacións, e elementos construtivos como muros por capas, apilados e incrustados. Tamén se exploran detalles construtivos, familias 2D e 3D, e técnicas avanzadas de modelizado, renderización e planificación. Finalmente, aborda a xeración de documentación con ferramentas para cotas, etiquetas e esquemas de color, asegurando un enfoque integral e práctico.
Curso Revit_ familias
O curso aborda a creación e xestión de familias en Revit, desde a súa definición ata a súa aplicación en diversas disciplinas. Comeza coa introdución ás familias, os seus tipos e estándares BIM. Profundiza nas familias cargables, a súa parametrización e modelado, incluíndo o uso de familias anidadas e adaptativas. Explora os compoñentes de anotación e a auditoría de familias segundo estándares internacionais. Tamén trata a creación de familias específicas para arquitectura, MEP e estruturas, abarcando mobiliario, carpintería, conexións MEP e elementos estruturais.
Curso Archicad_ nivel iniciación
Este temario abarca a introdución á metodoloxía BIM e o uso de ArchiCAD como ferramenta BIM, proporcionando unha formación progresiva para desenrolar un proxecto básico. Comeza coa explicación de BIM, a transición desde CAD e os perfís profesionais asociados, así como os estándares e fluxos de traballo. Inclúe a configuración inicial dun proxecto en ArchiCAD, importación de emprazamentos, modelado de elementos construtivos como muros, forxados e escaleiras, e a inserción de obxectos e información no modelo. Tamén aborda a creación de vistas en planta, seccións, alzados, visualización 3D e renderizado, así como o recuento de información mediante esquemas e táboas. Finalmente, cobre a xeración de documentación técnica e a publicación de proxectos, garantindo un enfoque integral para a elaboración de proxectos arquitectónicos eficaces.
Curso Archicad_ nivel intermedio
O curso abarca desde os materiais de construción ata a interoperabilidade no traballo colaborativo en ArchiCAD, co obxectivo de capacitar ao alumnado para xerar a documentación necesaria para a elaboración dun proxecto de execución. Iníciase co estudo dos materiais e a súa aplicación en detalles e medicións. Prosegue co modelado avanzado, incluíndo terreos, muros cortina e estruturas complexas. Abórdanse os elementos estruturais, como piares, vigas e cimentacións. A xestión do modelo BIM trata visualizacións, fases de rehabilitación e parametrización da información. Explórase o nivel de desenvolvemento (LOD) e o modelado conceptual. Finalmente, trabállase a interoperabilidade con IFC e Teamwork, pechando co renderizado mediante CineRender.
Curso Cypecad MEP_ instalacións
O contido aborda a normativa e requisitos técnicos para a edificación en España, centrándose no Código Técnico da Edificación (CTE) e outras regulacións complementarias. Analiza aspectos fundamentais como protección contra incendios, eficiencia enerxética, salubridade, illamento acústico e seguridade fronte a raios. Tamén trata infraestruturas de telecomunicacións, instalacións térmicas, distribución de combustibles gaseosos, climatización, iluminación e instalacións eléctricas. Inclúe a metodoloxía para o deseño, modelado e verificación de proxectos mediante o software CYPECAD MEP, con exercicios e prácticas tutorizadas para aplicar os conceptos aprendidos.
Máis información e consultas:
Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nós a través de:
- Colexiados: a través do apartado de “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, no seguinte ENLACE
- Non colexiados: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org.
Conferencia de Michael Smith-Masis
O martes 11 de febreiro, ás 18:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Arquitectura como escusa: axencia social, xustiza espacial e deseño rexenerativo que será impartida polo arquitecto Michael Smith-Masis, LF Harvard University, Director da Oficina Entre Nos Atelier Central e da Plataforma Xustiza Espacial. read more…
Exposición do Concurso da Bando do Río, Bueu
CSCAE: Convocatoria. Proceso contratación arquitecto/a para Dpto Área Técnica y coordinación de la Red Oficinas Rehabilitación (Red OAR)
Convocatoria de las BASES DEL PROCESO PARA LA CONTRATACIÓN DE UN ARQUITECTO PARA SU INCORPORACIÓN AL DEPARTAMENTO DE ÁREA TÉCNICA DEL CSCAE Y LA COORDINACIÓN DE LA RED DE OFICINAS DE REHABILITACIÓN. OBJETO Y RÉGIMEN JURÍDICO Contratación laboral de un/a Arquitecto/a...
Convocatoria de ANMARQ a la manifestación el 22 de febrero en Madrid
Las asociaciones, agrupaciones y plataformas de mutualistas: arquitectos, abogados, aparejadores, químicos, procuradores convocan a una manifestación en Madrid el sábado 22 de febrero. La asociación de mutualistas arquitectos ANMARQ se ha sumado a la convocatoria, de...
#COAGconta: Erros na confección do Certificado de Eficiencia Enerxética e posible responsabilidade por mala praxe
O mércores 19 de febreiro de 12:00 a 14:00 horas, Juan Manuel Ferreiro Oliva e Rafael Fernández Vale explicarannos a casuística da concepción dos certificados de eficiencia enerxética de edificios, pois moitos padecen erros de concepto, nula explicación do observado,...
Exposición “Fernando Blanco. Paisaxe, conciencia, fábrica”
O Colexio de Arquitectos vos convida a participar na inauguración da exposición do mestre arquitecto Fernando Blanco Guerra: FERNANDO BLANCO. PAISAXE, CONCIENCIA, FÁBRICA, organizada pola Fundación Luis Seoane da Coruña, o vindeiro venres 7 de febreiro ás 19,30 h. Un...
#COAGconta: Memorias de actividade
O mércores 5 de febreiro ás 12:00 horas, Ignacio Soto González falaranos sobre as memorias de actividade, normativa, tramitación, prazos, control, cambios de titularidade, contido etc. Para o seguimento en directo da xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xaneiro de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de xaneiro de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así...
Dispoñible a gravación da conferencia “Áncora ou Trampolín” de SOL89
Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da conferencia celebrada o pasado 24 de xaneiro no Museo do Pobo Galego, co título de “Áncora ou Trampolín”, impartida polos arquitectos María González e Juanjo López de la Cruz, fundadores do estudio de arquitectura Sol89....
Enquisa Preinscrición Cursos TIC 2025_ QGIS, Revit, ArchiCAD, CypeMEP
Dende o COAG estamos a organizar a oferta formativa relacionada cas TIC deste ano 2025. Dentro dos cursos propostos pódense atopar os seguintes: No caso de que esteas interesado en matricularte nalgún destes cursos, é importante que te inscribas no seguinte...
Conferencia de Michael Smith-Masis
O martes 11 de febreiro, ás 18:30 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Arquitectura como escusa: axencia social, xustiza espacial e deseño rexenerativo que será impartida polo arquitecto Michael...
Exposición do Concurso da Bando do Río, Bueu
A delegación do Colexio en Pontevedra e o Concello de Bueu, organizan unha exposición coas propostas premiadas no Concurso de Banda do Río de Bueu. Data: 3-14 febreiro Lugar: sala Amalia Domínguez Búa. Rúa Eduardo Vicenti, 2. Bueu Así mesmo, o día 7 de febreiro,...