A delegación do Colexio en Pontevedra e o Concello de Bueu, organizan unha exposición coas propostas premiadas no Concurso de Banda do Río de Bueu.
Data: 3-14 febreiro
Lugar: sala Amalia Domínguez Búa. Rúa Eduardo Vicenti, 2. Bueu
Así mesmo, o día 7 de febreiro, terá lugar unha charla-coloquio coa arquitecta María Fandiño, autora da proposta gañadora.
Data: 7 febreiro – 20:00h
Lugar: sala multiusos do centro social do mar
Rúa Montero Ríos, Bueu
A entrada á charla é libre, sendo precisa, por motivos de organización, a inscrición a través do seguinte ENLACE.