Categoría
[COAGAxuda] Lista aberta de colexiados e colexiadas dispostas a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra
No 2017, ante a vaga de incendios que sufriu Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do seu compromiso social, puxo en marcha un proceso para apoiar as familias que o necesitasen. Este verán de 2025 repítese a situación e de novo toda Galicia, en especial a provincia de Ourense, está a sufrir unha devastación inasumible. Os danos son irreparables e de novo reiteramos a necesidade de prevención para non sufrir esta traxedia cada poucos anos. En calquera caso, de novo todos/as os/as que formamos parte deste colectivo queremos estar a disposición do país.
Trasladamos comunicado institucional ante a nova vaga de incendios forestais en Galicia e no Estado.
Polas razóns expostas, habilitase unha lista aberta de colexiados/as dispostos/as a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra baixo a denominación “quenda COAGAxuda” de voluntariado de arquitectos.
O obxectivo é posibilitar a prestación de servizos en materia de voluntariado por parte dos profesionais colexiados no COAG e inscritos nela aos cidadáns e/ou entidades públicas e/ou privadas que o soliciten.
Esta colaboración realizarase a través das administracións públicas, debendo as persoas afectadas interesadas dirixirse ao seu concello para realizar as solicitudes. As administracións públicas, para solicitar a axuda, deberán utilizar o seguinte formulario:
O Colexio exerce de mediador entre os Concellos e demais entidades públicas que requiran a colaboración de arquitectos, consistente na elaboración de traballos que comprenderán inspeccións e revisións de construcións, informes e traballos de estilo similar. En ningún caso, se atenderán por esta canle encargos consistentes en proxectos ou encargos de similar complexidade ou responsabilidades.
En resumo, trátase dunha iniciativa colexial que pretende canalizar a solidariedade dos colexiados interesados en colaborar voluntaria e desinteresadamente cos Concellos afectados, sen que os colexiados aos que se lle asignen encargos cobren honorarios pola colaboración.
Peche da Delegación de Lugo o mércores 13 de agosto
Infórmase que, por motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada o mércores 13 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda ocasionar.
Inscrición para manifestar o interese en realizar servizos técnicos para o Consorcio de Santiago de Compostela no marco do programa de rehabilitación, mantemento, recuperación e rehabilitación urbanas.
O Consorcio de Santiago de Compostela abre un prazo de inscrición para que arquitectos/as colexiados/as interesados/as manifesten o seu interese en na realización de tarefas técnicas de apoio, principalmente a redacción de memorias técnicas, informes e documentación técnica complementaria no marco das actuacións previstas no programa de rehabilitación, mantemento, recuperación e rehabilitación urbanas. read more…
Último mes matrícula anticipada con desconto do Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura
Xa comenzou o último mes para realizar a matrícula anticipada no obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo
Este obradoiro será presencial en Santiago de Compostela os días xoves 2 e venres 3 de outubro en horario de 10:00-14:00 e 15:30-19:30. Na sede do COAG, Praza da Quintana, 1, 3º, Santiago de Compostela.
O arquitecto e artista dixital, Ricardo Orts, ensinaranos a empregar a intelixencia artificial para a creación de imaxes e vídeo, nun obradoiro práctico presencial, no que coñeceremos novas ferramentas e metodoloxías para aplicar a IA no noso traballo diario.
Este obradoiro da continuidade á charla ofrecida no #COAGconta do 7 de maio, podedes acceder á gravación na seguinte ligazón:
[Gravación: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo]
Obradoiro_Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo:
[+ matriculación e programa completo do curso]
Ademais dos descontos habituais a colexiados, e subscritos á formación ou estudantes, está previsto un desconto importante do 28% para a matrícula anticipada. O prazo de matrícula anticipada pecharase o 5 de setembro ás 23:59.
(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:
- Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
- Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
Entrada en vigor do novo PXOM de Vigo
O luns 4 de agosto de 2025 publícase no BOP-PO 146, o acordo de aprobación definitiva do PXOM de Vigo que inclúe a normativa e ordenanzas. Remitimos ligazón ao documento
LIGAZÓN
O PXOM de Vigo entrará en vigor 15 días hábiles despois desta publicación no Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra (BOPP) deste acordo.
Polo tanto, o 27.08.2025 entra en vigor este novo PXOM.
Aplicación informatica para a elaboración do Libro do Edificio Existente. ICCL
Os/as arquitectos/as colexiados/as benefícianse dun desconto do 24% na suscrición anual á aplicación informatica para a elaboración do Libro do Edificio Existente do Instituto da Construción de Castela e León.
Con este programa o usuario poderá elaborar Libros do Edificio de Obra Nova, segundo esixencias recollidas na Lei 38/1999 de Ordenación da Edificación, así como Libros do Edificio Existente para a Rehabilitación -LEE-, segundo o anexo I do Real Decreto 853/2021 que regula os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, necesarios para acceder a estas axudas.
Acceso ao programa [aquí]
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2025
Últimos días para presentar candidaturas aos Premios de arquitectura Tejas Verea
Os Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Tejas Verea é un certame organizado por Tejas Verea en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Está dirixido a profesionais da arquitectura para distinguir obras ou solucións destacadas en cubertas realizadas con tellas cerámicas Verea. read more…
Concello de Monforte – 1 praza de arquitecto/a interino/a
No BOP-Lugo de 29 de xullo publícase o anuncio do Concello de Monforte de Lemos da convocatoria para creación duna bolsa para a provisión interina dunha praza de arquitecto/a.
Técnico competente para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos edificios
O pasado 23 de xullo publicouse no BOE o Real Decreto 659/2025, do 22 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, onde se adecúa a figura do técnico competente a un modelo baseado nos coñecementos e as cualificacións profesionais necesarias para a elaboración dos certificados de eficiencia enerxética.
O real decreto introduce como variables para acreditarse como técnico competente a formación e os coñecementos adquiridos, distinguindo entre persoas con titulación universitaria e persoas con titulación de Formación Profesional ou certificado profesional, requirindo a presentación dunha declaración responsable antes do inicio da actividade. Así mesmo, este real decreto introduce o requisito de complementar os coñecementos adquiridos, en función da titulación obtida, mediante un curso de formación composto de dous módulos (módulo 1, de coñecementos técnicos básicos necesarios, e módulo 2, de coñecementos específicos e administrativos relacionados coa certificación da eficiencia enerxética nos edificios). Esta división en módulos permite cursar unicamente un dos módulos, se a titulación ou certificado profesional permite acreditar os coñecementos do outro módulo.
Así mesmo, créase o Rexistro Administrativo Centralizado de Técnicos Competentes, onde estarán rexistrados todos os técnicos competentes acreditados para a certificación da eficiencia enerxética nos edificios. O órgano competente de cada comunidade autónoma que decida utilizalo será o encargado de inscribir a cada técnico competente dándolle de alta e borrar aos que causen baixa, mentres que o órgano competente que decida non utilizalo deberá poñer, mensualmente, ao dispor da Dirección Xeral de Planificación e Coordinación Enerxética do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o rexistro autonómico actualizado de técnicos competentes.
Por último, este real decreto deroga o Real Decreto 891/1980, do 14 de abril, sobre homologación dos paneis solares, como consecuencia da aplicación das políticas de Novo Enfoque, Enfoque Global e finalmente, o Novo Marco Lexislativo que desenvolveron a libre circulación de mercadorías dentro do territorio da Unión Europea.
[COAGAxuda] Lista aberta de colexiados e colexiadas dispostas a axudar no proceso de recuperación das nosas familias e a nosa terra
No 2017, ante a vaga de incendios que sufriu Galicia, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, dentro do seu compromiso social, puxo en marcha un proceso para apoiar as familias que o necesitasen. Este verán de 2025 repítese a situación e de novo toda Galicia, en...
Peche da Delegación de Lugo o mércores 13 de agosto
Infórmase que, por motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada o mércores 13 de agosto. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda ocasionar.
Inscrición para manifestar o interese en realizar servizos técnicos para o Consorcio de Santiago de Compostela no marco do programa de rehabilitación, mantemento, recuperación e rehabilitación urbanas.
O Consorcio de Santiago de Compostela abre un prazo de inscrición para que arquitectos/as colexiados/as interesados/as manifesten o seu interese en na realización de tarefas técnicas de apoio, principalmente a redacción de memorias técnicas, informes e documentación...
Último mes matrícula anticipada con desconto do Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura
Xa comenzou o último mes para realizar a matrícula anticipada no obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo Este obradoiro será presencial en Santiago de Compostela os días...
Entrada en vigor do novo PXOM de Vigo
O luns 4 de agosto de 2025 publícase no BOP-PO 146, o acordo de aprobación definitiva do PXOM de Vigo que inclúe a normativa e ordenanzas. Remitimos ligazón ao documento LIGAZÓN O PXOM de Vigo entrará en vigor 15 días hábiles despois desta publicación no Boletín...
Aplicación informatica para a elaboración do Libro do Edificio Existente. ICCL
Os/as arquitectos/as colexiados/as benefícianse dun desconto do 24% na suscrición anual á aplicación informatica para a elaboración do Libro do Edificio Existente do Instituto da Construción de Castela e León. Con este programa o usuario poderá elaborar Libros do...
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados no mes de xullo de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro BOP's provinciais, así...
Últimos días para presentar candidaturas aos Premios de arquitectura Tejas Verea
Os Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Tejas Verea é un certame organizado por Tejas Verea en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Está dirixido a profesionais da arquitectura para distinguir obras ou solucións destacadas en cubertas...
Concello de Monforte – 1 praza de arquitecto/a interino/a
No BOP-Lugo de 29 de xullo publícase o anuncio do Concello de Monforte de Lemos da convocatoria para creación duna bolsa para a provisión interina dunha praza de arquitecto/a. Enlace ao BOP-Lugo
Técnico competente para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos edificios
O pasado 23 de xullo publicouse no BOE o Real Decreto 659/2025, do 22 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, onde se adecúa a figura do...