O Consorcio de Santiago de Compostela abre un prazo de inscrición para que arquitectos/as colexiados/as interesados/as manifesten o seu interese en na realización de tarefas técnicas de apoio, principalmente a redacción de memorias técnicas, informes e documentación técnica complementaria no marco das actuacións previstas no programa de rehabilitación, mantemento, recuperación e rehabilitación urbanas.
A relación de persoas que amosen o seu interese será tida en conta polo Consorcio na aplicación dos procedementos de contratación que tramite ao abeiro da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público
Alcance das prestacións a realizar:
- Elaboración de memorias técnicas para expedientes vinculados ao proxecto Ter é Manter.
- Redacción de informes técnicos para a tramitación de axudas e subvencións ou outras actuacións administrativas.
- Apoio na revisión de documentación gráfica e técnica.
- Participación en visitas de campo, recollida de datos e elaboración de propostas de intervención.
Presentación de solicitudes:
As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude, achegando un currículum vitae actualizado (máximo de dúas páxinas), no que se deberá recoller as seguintes cuestións:
- Datos básicos de contacto:
- Nome e apelidos
- Nº de colexiada/o no COAG ou en calquera outro Colexio de Arquitectos de España
- Ano de colexiación
- Correo Electrónico
- Teléfono
- Formación e experiencia en patrimonio arquitectónico, rehabilitación e conservación de edificacións.
- Experiencia previa en redacción de memorias técnicas e informes.
- Manexo de ferramentas de documentación gráfica e redacción técnica.
Forma e prazo de inscrición:
As persoas interesadas, deberán presentar a súa solicitude enviando a información ao seguinte enderezo electrónico: gerencia@consorciodesantiago.org
O prazo para a presentación de solicitude de manifestación de interese permanecerá aberto dende a data de publicación da presente convocatoria ata as 14 horas do 1 de setembro de 2025.
Outras condicións
Tanto os honorarios coma o resto de condicións contractuais serán establecidas polo Consorcio directamente coas persoas que presenten unha solicitude e resulten seleccionadas para realización do servizo.
O Colexio non se responsabiliza da xestión e desenvolvemento do servizo recibido pola persoa designada durante a súa realización nin da xestión económica deste.
Protección de datos
O tratamento da información por medios electrónicos axustarase ao establecido no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos Persoais) e no artigo 11 da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Os datos proporcionados polas persoas que manifesten o seu interese serán obxecto de tratamento polo Consorcio da Cidade de Santiago, como responsable, coa finalidade de impulsar a participación nos procesos de contratación pública da entidade.
O órgano responsable do tratamento é a Xerencia do Consorcio da Cidade de Santiago, #ante a cal se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidad dos seus datos, e a limitación ou oposición ao seu tratamento, así como retirar o seu consentimento.
Coa firma e remisión da solicitude, a persoa participante consente o tratamento de datos persoais nela contidos, que se restrinxirá á finalidade mencionada e non serán cedidos salvo os supostos previstos pola Lei.
