Categoría
Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello de Lugo
Informamos que o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o luns, 25 de agosto de 2025, a aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello de Lugo. Con esta publicación, ábrese un prazo de trinta días hábiles para a presentación de reclamacións e suxestións. Poden consultar o documento completo na seguinte ligazón:
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/25-08-2025.pdf#page=6
Esta nova ordenanza, aprobada inicialmente polo Pleno o pasado 31 de xullo, representa unha revisión integral que unifica e actualiza dúas normativas previas (de 2009 e 2013), adaptando o marco legal ás leis urbanísticas estatal e galega vixentes. O obxectivo principal é mellorar a eficacia na actuación sobre inmobles en risco de ruína ou abandono, así como reforzar a seguridade xurídica. Isto permitirá desbloquear actuacións urbanísticas e optimizar a capacidade de intervención #ante a deterioración de edificios.
Dada a relevancia desta ordenanza para a nosa profesión, a Delegación en Lugo do COAG abre a posibilidade de elaborar un documento de alegacións conxunto, coas achegas de todos e todas as colexiadas. Para iso, convidámoslles a enviar as súas suxestións a través do seguinte FORMULARIO.
Así mesmo, a Xunta Directiva convocará unha reunión na delegación para matizar as cuestións pertinentes e pechar o documento de alegacións. Poderán inscribirse para esta reunión, cuxa data se acordará contactando coas persoas interesadas a través de email entre o 22 e o 25 de setembro, a través do formulario indicado anteriormente.
O prazo para enviar achegas e para inscribirse na reunión finaliza o xoves 18 de setembro ás 23:59 horas.
Laboratorio da Paisaxe. Baixo Miño 2025
Laboratorio da Paisaxe é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención no territorio que se desenvolve na Provincia de Pontevedra. Este 6º edición terá lugar na área paisaxística do Baixo Miño; un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego que ten unha cultura e unha identidade propias cun intercambio cultural e social constante entre ambas marxes.
Este proxecto nace do cruzamento entre distintas disciplinas coas comunidades locais que habitan o territorio e o seu patrimonio natural e cultural. Entre as súas intencións atópase a creación de comunidade a través de procesos culturais vencellados á intervención dende diferentes disciplinas na paisaxe.
Grazas á colaboración de figuras do ámbito galego de diversos ámbitos vencellados ao territorio, impúlsase a transmisión e intercambio de coñecemento sobre a intervención na paisaxe entre as persoas participantes.
O proxecto está impulsado dende os colectivos Espazo 16 e Costa Oeste e conta coa cofinanciación da Deputación de Pontevedra
EL CMD homenajea el Centro Cultural de Forges con motivo del Día Mundial de la Construcción Sostenible
El Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, con la colaboración del Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, realizará el próximo 23 de septiembre un homenaje y puesta en valor del Centro Cultural Forges, con motivo del Día Mundial de la Construcción Sostenible. Lo hará en un acto simbólico, a las 11.00 horas, en el propio edificio, en el que participarán el presidente del CMD, José Manuel Iglesias; los arquitectos responsables de la obra, Daniel Gómez y Adrián López, FIRM Architects; el decano del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya; y Carlos López, alcalde de A Fonsagrada. read more…
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución da Deputación da Coruña pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo Colexio en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes
Universidade de Santiago de Compostela – Dúas prazas de arquitecto/a
No DOG de 9 de setembro, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2025 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de arquitecto/a pola quenda de acceso libre. read more…
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional
O vindeiro venres día 26 de setembro terá lugar, na Delegación de Vigo do COAG, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas.
Programa
Pode desacargarse o programa completo da xornada na seguinte ligazón:
Horario
| Data | Mañá | Tarde |
|---|---|---|
| 26/09/2025 | 09:00 – 14:00 | 16:30 – 20:30 |
Lugar de celebración
Delegación de Vigo.
Rúa do Doutor Cadaval, 5, 36202 Vigo [+ver mapa]
Inscripción
A inscripción é gratuita ata acabar aforo.
A inscrición é gratuíta e exclusiva para arquitectos colexiados no COAG. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. O aforo é limitado. A inscrición na xornada permanecerá aberta ata as 23:59 h do mércores 24 de setembro, ou ata esgotárense as prazas dispoñibles.
Inscripción comida networking
Adicionalmente, organizarase unha comida de traballo (non incluída na inscrición) para os asistentes que desexen participar nela, coa finalidade de xerar un lugar de encontro entre asistentes e relatores no que poñer en común cuestións relacionadas coa temática da xornada.
A inscrición á comida permanecerá aberta ata as 23:59h do mércores 24 de setembro. Esta comida celebrarase nun local próximo á Delegación de Vigo, que está pendente de concretar en función do número final de asistentes.
Para asistir á comida, é imprescindible formalizar a inscrición a través deste formulario:
Solicitude dun/duns arquitectos/as interesados/as no encargo da Redacción de proxecto e dirección técnica de dúas demolicións no Concello de Nigrán
O Concello de Nigrán solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, duns/dunhas colexiado/a interesados nas seguintes actuacións:
- Redacción do proxecto e dirección técnica da demolición dunha construcción baixo cuberta, sen licenza sita na Avda. Praia América núm. 110, parroquia de San Pedro.
- Redacción do proxecto e dirección técnica da demolición íntegra da totalidade da edificación sita na rúa Rans núm. 5, parroquia de San Pedro.
Novas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura
Debido ao éxito da inscricipción ao obradoiro abrimos unha segunda edición para a mesma semana.
A nova edición deste obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo será tamén como a edición anterior presencial en Santiago de Compostela os días martes 30 de setembro e mércores 1 de outubro en horario de 10:00-14:00 e 15:30-19:30. Na sede do COAG, Praza da Quintana, 1, 3º, Santiago de Compostela.
O arquitecto e artista dixital, Ricardo Orts, ensinaranos a empregar a intelixencia artificial para a creación de imaxes e vídeo, nun obradoiro práctico presencial, no que coñeceremos novas ferramentas e metodoloxías para aplicar a IA no noso traballo diario.
Dando continuidade á charla ofrecida no #COAGconta do 7 de maio, podedes acceder á gravación na seguinte ligazón:
[Gravación: Ferramentas de IA para a Arquitectura: Creación de Imaxes e Vídeo]
Obradoiro_Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo:
[+ matriculación e programa completo do curso]
Ademais dos descontos habituais a colexiados, e subscritos á formación ou estudantes, está previsto un desconto importante para a matrícula anticipada. O prazo de matrícula anticipada pecharase o 21 de setembro ás 23:59.
(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.
Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:
- Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
- Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org
Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.
#COAGconta: Caso de éxito de prefabricación. Casa Sieteymedio
O mércores 17 de setembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra unha xornada sobre casos de éxito de prefabricación coa Casa Sieteymedio de ARROKABE ARQUITECTOS, Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela.
Ao longo destes anos estivemos vendo algúns dos mellores exemplos de arquitectura sostible, e agora queremos ampliar o campo de acción á prefabricación e á vivenda con perspectiva de xénero. E empezamos esta nova singradura con este sistema Sieteymedio.
Ver máis
CASOS DE ÉXITO. PREFABRICACIÓN: CASA SIETEYMEDIO
ARROKABE ARQUITECTOS, Óscar Andrés Quintela | Iván Andrés Quintela
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]
Colabora ![]()
Dispoñible a gravación de #COAGconta: Eficiencia enerxética. Exemplo de cumprimento de HE0 – HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC
Xa está dispoñible a gravación do #COAGconta: Eficiencia enerxética. Exemplo de cumprimento de HE0 – HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC.
Enlace á gravación:
https://apps.coag.es/contenidos/videos
Colabora ![]()
Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello de Lugo
Informamos que o Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou o luns, 25 de agosto de 2025, a aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello de Lugo. Con esta publicación, ábrese un prazo de trinta días hábiles para...
Laboratorio da Paisaxe. Baixo Miño 2025
Laboratorio da Paisaxe é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención no territorio que se desenvolve na Provincia de Pontevedra. Este 6º edición terá lugar na área paisaxística do Baixo Miño; un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego...
EL CMD homenajea el Centro Cultural de Forges con motivo del Día Mundial de la Construcción Sostenible
El Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, con la colaboración del Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, realizará el próximo 23 de septiembre un homenaje y puesta en valor del Centro Cultural Forges, con motivo del Día Mundial de la Construcción...
O COAG presenta recurso contencioso administrativo contra a resolución da Deputación da Coruña pola que se desestima o recurso de reposición interposto polo Colexio en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes
Universidade de Santiago de Compostela – Dúas prazas de arquitecto/a
No DOG de 9 de setembro, publícase a RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2025 pola que se convocan probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de arquitecto/a pola quenda de acceso libre. Enlace ao DOG.
A responsabilidade do arquitecto no exercicio profesional
O vindeiro venres día 26 de setembro terá lugar, na Delegación de Vigo do COAG, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da...
Solicitude dun/duns arquitectos/as interesados/as no encargo da Redacción de proxecto e dirección técnica de dúas demolicións no Concello de Nigrán
O Concello de Nigrán solicita ao Colexio de Arquitectos de Galicia a colaboración na designación, mediante sorteo, duns/dunhas colexiado/a interesados nas seguintes actuacións: Redacción do proxecto e dirección técnica da demolición dunha construcción baixo cuberta,...
Novas prazas para Obradoiro de Ricardo Orts: Ferramentas de IA para a Arquitectura
Debido ao éxito da inscricipción ao obradoiro abrimos unha segunda edición para a mesma semana. A nova edición deste obradoiro dirixido por Ricardo Orts co nome Ferramentas de IA para a Arquitectura: Workflows Avanzados para a Creación de Imaxes e Vídeo será tamén...
#COAGconta: Caso de éxito de prefabricación. Casa Sieteymedio
O mércores 17 de setembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra unha xornada sobre casos de éxito de prefabricación coa Casa Sieteymedio de ARROKABE ARQUITECTOS, Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela. Ao longo destes anos estivemos vendo algúns dos mellores...
Dispoñible a gravación de #COAGconta: Eficiencia enerxética. Exemplo de cumprimento de HE0 – HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC
Xa está dispoñible a gravación do #COAGconta: Eficiencia enerxética. Exemplo de cumprimento de HE0 – HE1 de vivenda pequena con CE3X y HULC. Enlace á gravación: https://apps.coag.es/contenidos/videos Colabora