#COAGconta: Caso de éxito de prefabricación. Casa Sieteymedio

4 Set 2025

O mércores 17 de setembro, de 12:00 a 13:00 horas, o COAG celebra unha xornada sobre casos de éxito de prefabricación coa Casa Sieteymedio de ARROKABE ARQUITECTOS, Óscar Andrés Quintela e Iván Andrés Quintela.

Ao longo destes anos estivemos vendo algúns dos mellores exemplos de arquitectura sostible, e agora queremos ampliar o campo de acción á prefabricación e á vivenda con perspectiva de xénero. E empezamos esta nova singradura con este sistema Sieteymedio.

Ver máis

CASOS DE ÉXITO. PREFABRICACIÓN: CASA SIETEYMEDIO
ARROKABE ARQUITECTOS, Óscar Andrés Quintela | Iván Andrés Quintela 

Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición na seguinte [+ ligazón]

 

Compartir