Laboratorio da Paisaxe. Baixo Miño 2025

11 Set 2025

Laboratorio da Paisaxe é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención no territorio que se desenvolve na Provincia de Pontevedra. Este 6º edición terá lugar na área paisaxística do Baixo Miño; un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego que ten unha cultura e unha identidade propias cun intercambio cultural e social constante entre ambas marxes.

Este proxecto nace do cruzamento entre distintas disciplinas coas comunidades locais que habitan o  territorio e o seu patrimonio natural e cultural. Entre as súas intencións atópase a creación de comunidade a través de procesos culturais vencellados á intervención dende diferentes disciplinas na paisaxe.

Grazas á colaboración de figuras do ámbito galego de diversos ámbitos vencellados ao territorio, impúlsase a transmisión e intercambio de coñecemento sobre a intervención na paisaxe entre as persoas participantes.

O proxecto está impulsado dende os colectivos Espazo 16 e Costa Oeste e conta coa cofinanciación da Deputación de Pontevedra

 
 
 
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Datas: 11 e 12 de outubro de 2025 no Baixo Miño (Concellos de Tui, Tomiño, Vilanova de Cerveira , O Rosal e A Guarda).A QUEN ESTÁ DIRIXIDO?
As actividades están dirixidas a todas as persoas interesadas na materia, o que inclúe tanto a poboación local como o público especializado.AXENDA

Sábado 11

10.00h HISTORIA – Visita guiada á Eurocidade Tui-Valença // Tui

13.30 h GASTRONOMÍA – Visita ao mercado de abastos e degustación da horta do Baixo Miño // Tomiño
14.30h Comida
16.00h  ARQUITECTURA DA PAISAXE – Roteiro en barca: flora e fauna nas illas e ribeiras do Miño   // Vilanova de Cerveira
17.00h  ARTE – Visita guiada polo patrimonio artístico da Vila das Artes // Vilanova de Cerveira

19.30h TALASONIMIA – Relatorio: Os nomes da costa sur de Galicia // O Rosal
21.30 Cea

Domingo 12 

10.00h Almorzo

11.00h ARTESANÍA – Encontro coas redeiras Atalaia & Obradoiro de deseño e elaboración de pezas reutilizando redes de pesca // A Guarda
14.00h Peche do laboratorio e aperitivo

Compartir