O vindeiro venres día 26 de setembro terá lugar, na Delegación de Vigo do COAG, unha xornada organizada pola Agrupación de Arquitectos, Peritos e Forenses do COAG sobre a responsabilidade no exercicio profesional da arquitectura. Abordarase a situación actual da actividade profesional dos arquitectos e as responsabilidades na obra, o urbanismo e o proceso edificatorio, incluíndo espazos de preguntas e debate para o intercambio de ideas.
Programa
Pode desacargarse o programa completo da xornada na seguinte ligazón:
Horario
| Data | Mañá | Tarde |
|---|---|---|
| 26/09/2025 | 09:00 – 14:00 | 16:30 – 20:30 |
Lugar de celebración
Delegación de Vigo.
Rúa do Doutor Cadaval, 5, 36202 Vigo [+ver mapa]
Inscripción
A inscripción é gratuita ata acabar aforo.
A inscrición é gratuíta e exclusiva para arquitectos colexiados no COAG. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. O aforo é limitado. A inscrición na xornada permanecerá aberta ata as 23:59 h do mércores 24 de setembro, ou ata esgotárense as prazas dispoñibles.
Inscripción comida networking
Adicionalmente, organizarase unha comida de traballo (non incluída na inscrición) para os asistentes que desexen participar nela, coa finalidade de xerar un lugar de encontro entre asistentes e relatores no que poñer en común cuestións relacionadas coa temática da xornada.
A inscrición á comida permanecerá aberta ata as 23:59h do mércores 24 de setembro. Esta comida celebrarase nun local próximo á Delegación de Vigo, que está pendente de concretar en función do número final de asistentes.
Para asistir á comida, é imprescindible formalizar a inscrición a través deste formulario:
