Categoría

Concurso de proxectos para adxudicar os contratos de servizos para a construción de vivendas VPP en Santiago de Compostela e A Coruña.

Concurso de proxectos para adxudicar os contratos de servizos para a construción de vivendas VPP en Santiago de Compostela e A Coruña.

Publicada na Plataforma de Contratación de Contratos Públicos de Galicia a convocatoria do Concurso de proxectos para adxudicar por lotes os seguintes contratos de servizos de:

  • Deseño da ordenación dunha parcela de equipamento no PERI-11 de Salgueiriños, Santiago de Compostela, redacción dos proxectos básicos e de execución e dirección de obra dos edificios destinados a Vivendas de Promoción Pública e redacción do anteproxecto dunha Residencia Xuvenil a construír no dito ámbito.
  • Redacción do Proxecto de Interese Autonómico e do Proxecto de Urbanización do Ámbito correspondente ao API-037 do PXOM da Coruña, redacción dos proxectos básicos e de execución dos edificios destinados a vivendas e aloxamentos protexidos de promoción pública e dirección das obras correspondentes e redacción do anteproxecto dunha Residencia Xuvenil a construír nese ámbito.

read more…

Xornada “10 anos da Lei do Solo de Galicia”

Xornada “10 anos da Lei do Solo de Galicia”

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comprácese en convidalo á Xornada “10 anos da Lei do solo de Galicia: unha lei para 313 Galicias” , que se celebrará o 10 de febreiro no Edificio Cinc do Complexo Gaiás, en Santiago de Compostela . read more…

Texto consolidado da Lei do Solo de Galicia

Texto consolidado da Lei do Solo de Galicia

Está dispoñible na zona de normativa da web colexial, o Arquivo cedido pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia para a súa difusión. Contén o texto consolidado da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e inclúe diferenciadas por cor as modificacións que experimentou a norma desde a súa entrada en vigor, incluíndo a última recollida na Lei 5/2025, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas de Galicia. read more…

Lista de espera para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs

Lista de espera para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs

Prazas esgotadas, moitas gracias polo voso interese.

Estamos comprobando a dispoñibilidade do ponente para novas edicións.

Podedes inscribiros na lista de espera dentro da ligazón da matricula.

[+ lista de espera e programa completo do curso]

Durante este curso coñeceremos mediante exemplos prácticos como podemos apoiarnos na Intelixencia Artificial para a xestión da normativa existente, a redacción e o control de memorias, entre outros casos de utilidade ao longo das distintas fases dun proxecto. Así mesmo, estableceremos un guión de boas prácticas para a súa utilización.

Prezos de matrícula:

  • Matrícula ordinaria: 190 €

  • Arquitectos/as colexiados/as: 142,5 €

  • Arquitectos/as colexiados/as subscritos/as ao servizo de formación: 95 euros.

Modalidade: en directo en liña

  • O curso está deseñado para o seu seguimento en directo. É obrigatorio ter a cámara e o micrófono conectados para o seguimento deste curso.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento cun mínimo de asistencia de 2 das 3 sesións. Péchase o acceso aos 20 minutos do inicio.
  • O curso desenvólvese na modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación online do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Duración total:

  • 12 horas [3 talleres online en directo]

Aforo e prazos de matrícula:

  • O aforo é limitado a 25 alumnos/as.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados/as COAG subscritos/as ao servizo de formación): ata o domingo 01/02/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde as 23:59 h do domingo 01/02/2026 ata o domingo 08/02/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org

Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Aberta matrícula Escola de Opositores COAG

Aberta matrícula Escola de Opositores COAG

Está aberta a matrícula da primeira edición da Escola de Opositores do COAG. O proxecto da Escola de Opositores COAG nace cun dobre propósito que cobra especial importancia no contexto actual:

  • Apoiar aos colexiadas que queren incorporarse á función pública, tanto na Administración local como na autonómica.

  • Apoiar ás Administracións para que poidan finalizar con éxito os procesos de contratación de persoal, contando con profesionais coa formación e perfil óptimos para as funcións que van desempeñar.

Trátase dunha iniciativa exclusiva para arquitectos colexiados no COAG, orientada a proporcionar os coñecementos necesarios para afrontar con garantías os distintos procesos selectivos. Para iso, contamos cun grupo de profesorado experto en cada unha das materias e con ampla experiencia en procesos selectivos nas Administracións Públicas Galegas, e coa colaboración da Asociación Profesional de Letrados da Xunta de Galicia.

En canto á operativa, procurouse adecuar os aspectos organizativos e metodolóxicos ás necesidades e suxestións manifestadas polas persoas interesadas a través da enquisa que puxemos á vosa disposición hai uns meses. Neste sentido:

  • Utilizaremos un formato mixto, que combinará o formato en liña co formato presencial.

  • Contaremos con dous grupos de 25 alumnos. Para minimizar os desprazamentos das persoas participantes, atendendo á procedencia de quen participou na enquisa, un dos grupos terá as sesións presenciais na Delegación de Vigo, e o outro na Delegación da Coruña.

O acceso ás prazas terá lugar por rigorosa orde de inscrición, ata esgotarse as 25 prazas dispoñibles en cada unha das dúas edicións (A Coruña / Vigo). Podedes matricularvos e consultar a información completa nas seguintes ligazóns:

[Programa e información completa]

[Matriculación]

Máis información e consultas

O mércores, día 21 de xaneiro, ás 13:00 h, está programada unha sesión en liña na que explicaremos o plantexamento xeral e a operativa da escola, e atenderemos calquera dúbida que poidades ter. Podedes inscribirvos nesta sesión seguindo esta ligazón:

[Inscrición webinar introdutorio]

Para formular consultas ao respecto deste curso, podes dirixirte a nos a través dos siguintes medios:

 

Advertencia:
A celebración do curso está condicionada a que se alcance o número mínimo de alumnos matriculados para a viabilidade do mesmo. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Interposición de recurso contencioso contra a licitación para a construción da sede central de SEAGA.

A Xunta de Goberno do COAG na súa sesión, 1/2026, de 15 de xaneiro, dentro das súas actuacións de defensa das competencias profesionais, acordou presentar recurso, en vía contencioso- administrativa, en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da empresa pública de SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A (SEAGA) para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central da empresa pública de SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. (SEAGA, S.A.), por procedemento aberto harmonizado, expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), (licitación publicada no perfil do contratante na Plataforma De Contratos Públicos de Galicia).

En consecuencia dáse traslado a colexiados/as para que o consideren aos efectos oportunos.

Xornada “10 anos da Lei do Solo de Galicia”

Xornada “10 anos da Lei do Solo de Galicia”

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas comprácese en convidalo á Xornada “10 anos da Lei do solo de Galicia: unha lei para 313 Galicias” , que se celebrará o 10 de febreiro no Edificio Cinc do Complexo Gaiás, en Santiago de Compostela . Esta...