A Xunta de Goberno do COAG na súa sesión, 1/2026, de 15 de xaneiro, dentro das súas actuacións de defensa das competencias profesionais, acordou presentar recurso, en vía contencioso- administrativa, en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da empresa pública de SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A (SEAGA) para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central da empresa pública de SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. (SEAGA, S.A.), por procedemento aberto harmonizado, expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), (licitación publicada no perfil do contratante na Plataforma De Contratos Públicos de Galicia).
En consecuencia dáse traslado a colexiados/as para que o consideren aos efectos oportunos.