Lista de espera para o Obradoiro sobre IA: Apoio da IA para xestión de normativa e redacción de memorias. LLMs

20 Xan 2026

Prazas esgotadas, moitas gracias polo voso interese.

Estamos comprobando a dispoñibilidade do ponente para novas edicións.

Podedes inscribiros na lista de espera dentro da ligazón da matricula.

[+ lista de espera e programa completo do curso]

Durante este curso coñeceremos mediante exemplos prácticos como podemos apoiarnos na Intelixencia Artificial para a xestión da normativa existente, a redacción e o control de memorias, entre outros casos de utilidade ao longo das distintas fases dun proxecto. Así mesmo, estableceremos un guión de boas prácticas para a súa utilización.

Prezos de matrícula:

  • Matrícula ordinaria: 190 €

  • Arquitectos/as colexiados/as: 142,5 €

  • Arquitectos/as colexiados/as subscritos/as ao servizo de formación: 95 euros.

Modalidade: en directo en liña

  • O curso está deseñado para o seu seguimento en directo. É obrigatorio ter a cámara e o micrófono conectados para o seguimento deste curso.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento cun mínimo de asistencia de 2 das 3 sesións. Péchase o acceso aos 20 minutos do inicio.
  • O curso desenvólvese na modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación online do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Duración total:

  • 12 horas [3 talleres online en directo]

Aforo e prazos de matrícula:

  • O aforo é limitado a 25 alumnos/as.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados/as COAG subscritos/as ao servizo de formación): ata o domingo 01/02/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde as 23:59 h do domingo 01/02/2026 ata o domingo 08/02/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

(*) Para optar pola modalidade de “colexiado/a subscrito/a á formación”, os colexiados/as deberán estar subscritos ao servizo de formación no momento no que se formalice a matrícula. Os colexiados que non esteades subscritos ao servizo de formación no 2024, podedes solicitalo facendo unha nova consulta na seguinte ligazón.

Máis información e consultas:
Para formular consultas respecto deste curso, podes dirixirche a nós a través de:

  • Colexiados/as: mediante o apartado “Realizar consultas”, sección de Formación, do panel de servizos do COAG, na seguinte LIGAZÓN
  • Non colexiados/as: a través do enderezo de correo electrónico formacion@colexiodearquitectos.org

Advertencia
A celebración do curso está condicionada á consecución dun número mínimo de alumnos/as matriculados/as para garantir a súa viabilidade. En caso contrario, comunicarase a cancelación do curso e o COAG procederá á devolución dos importes abonados.

Compartir