Categoría

Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai – Últimos días

Curso Práctica BIM: A casa Farnsworth en Revit, Archicad, Edificius e Bonsai – Últimos días

Últimos días de matriculación, a práctica empeza o luns 1 de xuño.

[+ matriculación e programa completo do curso]

O sector da edificación avanza a un ritmo vertixinoso e a metodoloxía BIM xa se consolidou como o estándar indiscutible. Porén, para moitos arquitectos, a transición desde o tradicional contorno CAD cara a un ecosistema BIM pode resultar un desafío esmagador. Co propósito de achandar este camiño, programamos este curso deseñado especificamente para os profesionais que desexan iniciarse no mundo BIM con seguridade.

Este curso presenta videotutoriais nos que se realiza o modelado arquitectónico básico da icónica Casa Farnsworth de Mies van der Rohe con catro softwares distintos (Revit, Archicad, Edificius e Bonsai).

Os participantes terán así a oportunidade de tomar contacto tanto con algúns dos programas máis estandarizados e coñecidos da industria, como con outras alternativas emerxentes moi interesantes, adquirindo datos reais sobre las diferentes solucións que mellor se poidan adaptar ao seu fluxo de traballo.

A práctica final proposta é que cada alumno desenvolva ese mesmo exercicio co software que considere máis interesante dos que se presentan (sen necesidade de dispoñer de licenzas, habilitarase unha sección para a descarga de versións de proba).

O obxectivo principal deste reto é lograr que os alumnos se familiaricen coa metodoloxía e estratexia utilizada no proceso de modelado (comezar a pensar en BIM), adquirindo unha visión transversal que o arquitecto poderá aplicar o día de mañá independentemente da ferramenta de software que decida implantar no seu estudo.

É o momento perfecto para perderlle o medo ao 3D paramétrico.

Prezos de matrícula

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 95 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 65 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento.

O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:

O aforo é limitado.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 17/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde o luns 18/05/2026 ata o luns 31/05/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula:

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de

III Premio de Construcción Sostenible para reconocer la innovación arquitectónica con pizarra natural

III Premio de Construcción Sostenible para reconocer la innovación arquitectónica con pizarra natural

El Clúster da Pizarra de Galicia ha abierto la convocatoria del III Premio de Construcción Sostenible con Pizarra, un certamen que busca reconocer la excelencia, la innovación y la sostenibilidad en el uso de este material natural en proyectos arquitectónicos realizados en cualquier parte del mundo que empleen, de forma significativa, pizarra producida por empresas del Clúster o de la Federación Nacional de la Pizarra. read more…

Acto de entrega dos Premios Próximos 2026

Acto de entrega dos Premios Próximos 2026

O vindeiro sábado 6 de xuño, terá lugar o acto de entrega de diplomas aos premiados na edición 2026 dos Premios PRÓXIMOS, organizados pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, os colexiados interesados en asistir deberán solicitalo conforme ás seguintes indicacións: read more…

Conferencia “A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura”

Conferencia “A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura”

O vindeiro venres 5 de xuño terá lugar unha conferencia organizada pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos. Co título de “A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura”, os arquitectos Mariano Pemán Gavín e Sergio Sebastián Franco impartirán un relatorio centrado nas actuacións realizadas no Real Mosteiro de Santa María de Sijena. read more…

Encontro Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo. Inscrición

Encontro Bienal de Nova Arquitectura no Campus Tecnolóxico de Cortizo. Inscrición

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), no seu compromiso co talento emerxente, organiza en colaboración con Cortizo a primeira Bienal de Nova Arquitectura como espazo de encontro para dar voz á nova xeración de profesionais. Esta iniciativa busca o intercambio de coñecemento e consolidar unha alianza estratéxica entre a arquitectura nova e a vangarda industrial do país.

A xornada, que acontecerá o 12 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), porá o seu foco nas conversas e o networking entre os diferentes profesionais, con mesas de debate e presentacións de persoas relevantes nesta nova xeración de arquitectos e arquitectas.

UNHA XORNADA DE CONVERSAS, PRESENTACIÓNS E NETWORKING

10:00 Apertura da xornada

10:15 Nova arquitectura ibérica.

Presenta Daniel Magide e participan Atelier Local, Bartlebooth, ELEarkitektura e Pedro Pitarch.

11:30 Mesas de debate paralelas nas que se abre a participación aos asistentes.

 

MESA 1: Modelos de xestión en estudos emerxentes: economía, obra e relación co cliente. Modera o debate Helena Gomollón e participan Pablo Midón, NULA.STUDIO e Flu-or Arquitectura.

MESA 2: Fronteiras e profesión: a experiencia internacional da nova xeración. Modera o debate Vania Collazo e participan, Mónica Lamela, Vi17 arquitectura e Daniel Ovalle Costal.

MESA 3: As novas xeracións na toma de decisións: perspectivas e desafíos. Modera o debate Teresa Sánchez Táboas e participan Iago Lestegás, Arturo G. Agüera e Patricia Silva Ojea.

MESA 4: Construción industrializada e oficios: retos e oportunidades. Modera o debate Alejandro Tarrío e participan Eló, Piano Piano e Amodo Estudio.

 

12:30 Café

13:00 Nova arquitectura Galega

Presentacións moderadas por Xiao Pujol nas que participan os seleccionados do open call: 4040.10, Abraham Castro, Alejandro Mosquera, ARQXÉ, Barboza Blanco Office, Estefanía Grandal, Martín Álvarez, Paula Franjo Calvo, SahuquillodeArriba, Zaida García Requejo.

15:00 Xantar de despedida

 

A xornada, aberta a todas as persoas, conta con traslado en autobús (50 prazas) dende a intermodal de Santiago de Compostela ata o Campus Tecnolóxico de Cortizo. As prazas son limitadas en orde de inscrición.

[Formulario de inscrición]

Conferencia de Camilla Mileto do estudio Mileto e Vegas

Conferencia de Camilla Mileto do estudio Mileto e Vegas

O mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, na Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Restaurar a arquitectura tradicional no século XXI que será impartida pola arquitecta italiana Camilla Mileto, do estudio Mileto e Vegas. read more…

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a desenvolver diferentes liñas de traballo para axilizar a xestión das licenzas. Por unha banda púxose en marcha hai meses unha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e o propio COAG para definir de xeito claro qué cuestións deben ser obxecto de revisión por parte dos técnicos municipais e cales son responsabilidade exclusiva dos proxectistas e polo tanto non requiren de control no proceso de outorgamento da licenza. Nesta mesa estase tamén a traballar para regular o contido do informe técnico municipal no proceso de outorgamento das licenzas de obra. read more…

O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta recurso contencioso administrativo, en impugnación das bases específicas da convocatoria de EMVSA (Empresa Municipal de Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. de A Coruña) para a contratación temporal e constitución dunha bolsa de emprego, para prover diversas prazas, entre elas 1 praza de “Arquitecto Superior ou Técnico”.

O motivo do recurso é que, á vista das funcións do posto, o colexio entende que a titulación profesional precisa é a de Arquitecto. (Bases publicadas no BOP DA CORUÑA Nº56 DE 25 DE MARZO DE 2026 ).

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

Creación dun grupo de traballo coa Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar a simplificación da documentación na tramitación de licenzas urbanísticas

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia segue a desenvolver diferentes liñas de traballo para axilizar a xestión das licenzas. Por unha banda púxose en marcha hai meses unha mesa de traballo entre a Xunta, a FEGAMP e o propio COAG para definir de xeito claro qué...