Categoría

Conferencia de Manuel Saga

Conferencia de Manuel Saga

O mércores 5 de xuño, ás 19:30 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Gaming Architectural History: Por unha resignificación do paradigma a través do videoxogo que será impartida polo arquitecto Manuel “Saga” Sánchez García, investigador no Departamento de Composición Arquitectónica da ETSAM, Universidade Politécnica de Madrid. read more…

Proxectos seleccionados para a Mostra Nova Arquitectura Galega

Proxectos seleccionados para a Mostra Nova Arquitectura Galega

Os 30 proxectos incluídos nesta mostra conforman a selección “Nova Arquitectura Galega 2024”, proposta polo COAG como símbolo dunha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega no futuro.

Nomes e proxectos de arquitectas e arquitectos que formulan modos de traballo abertos e transversais, xunto con temas máis pegados polo xeral á escala do pequeno e diverso, como corresponde aos inicios dunha carreira profesional, onde todo é posible e está aínda por definir.

MÁIS INFORMACIÓN.

Presentación das novas FICHAS DE SERVIDUMES COAG – APLU

Presentación das novas FICHAS DE SERVIDUMES COAG – APLU

O próximo mércores, día 29 de maio, ás 12:30 da mañá terá lugar o acto de presentación das novas FICHAS DE SERVIDUMES, elaboradas no marco do convenio entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Estas fichas recollen a complexa normativa sectorial, tanto autonómica como estatal, que os técnicos relacionados co sector da Edificación e da Planificación Urbanística, profesionais libres e técnicos municipais da Administración deben afrontar diariamente no desempeño do seu traballo. Este labor analítico e de síntese condénsase nunha representación gráfica da lexislación técnica e urbanística sectorial, dando como resultado este conxunto de fichas que se presentan en dous formatos, web e imprimible, para facilitar o seu manexo por parte dos profesionais aos que van destinadas.

O evento, que se celebrará na Sede do COAG, ten un aforo limitado, polo que para acudir presencialmente ao acto, é preciso inscribirse na seguinte ligazón.

  • Lugar: Sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Praza da Quintana, 1, baixocuberta.
  • Horario: 12:30 AM

Por razóns organizativas, a inscrición estará aberta ata as 21:00h do luns 27 de maio.

Mesa de traballo para o Proxecto Terra

Mesa de traballo para o Proxecto Terra

Proxecto Terra (https://proxectoterra.coag.es/) leva case 25 anos axudando á comunidade educativa a entender o territorio como o lugar onde habitamos. Esta iniciativa do Colexio de Arquitectos de Galicia, impulsada no seu inicio por Xosé Manuel Rosales e levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia, naceu da necesidade de sensibilizar sobre a idea de que “aprender sobre a paisaxe e a arquitectura é saber como fomos construíndo como comunidade os espazos que habitamos, aprender do pasado para proxectar o futuro, asumir con responsabilidade a xestión deste patrimonio construído herdado, para administralo con sabedoría e traspasalo con xenerosidade”. Así, a metodoloxía desenvolvida desde Proxecto Terra convida os alumnos a observar a realidade, a entender as relacións e facer a súa propia lectura sobre os lugares que habitamos, desde o convencemento de que cambiar a mirada dos máis novos é imprescindible para alcanzar un modelo territorial sostible. read more…

//CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE (2ª edición)

//CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE (2ª edición)

O xoves día 06 de xuño, ás 19.30 horas, continuamos coa 2ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Nesta cuarta e derradeira conferencia titulada RESISTENCIAS contaremos coa intevención do noso compañeiro valisoletano Óscar Miguel Ares (Contextos de Arquitectura e Urbanismo). Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla. read more…

Convocatoria de Xunta Xeral extraordinaria e documentación da Xunta Xeral ordinaria do 28 de maio 2024

Convocatoria de Xunta Xeral extraordinaria e documentación da Xunta Xeral ordinaria do 28 de maio 2024

Tal e como se indica na Circular 9 2024, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 14/2024 de 22 de maio, ao tratar dentro do punto relativo ao Proxecto de regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” elaborada pola Comisión Xestora designada a tal efecto, adoptou o acordo de aprobar provisionalmente o Regulamento e convocar, para a súa aprobación definitva, unha Xunta Xeral extraordinaria, a celebrar inmediatamente a continuación da Xunta Xeral ordinaria convocada para o 28 de maio de 2024.

Así mesmo, aprobouse elevar a Memoria de Xestión do exercicio 2023, para a súa aprobación definitiva pola Xunta Xeral. read more…

1ª Xornada do Ciclo ‘Solucións construtivas Industrializadas’

1ª Xornada do Ciclo ‘Solucións construtivas Industrializadas’

O Observatorio 2030 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), en colaboración con a Asociación de Fabricantes de Viviendas Industrializadas de Hormigón en Altura (VIVIALT), poñen en marcha o ciclo ‘Solucións construtivas industrializadas’, que arrincará, o próximo 30 de maio, na Fundación Laboral da Construción, en Santiago de Compostela (Galicia). Esta primeira xornada conta co apoio, para a súa organización a nivel local, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da súa Delegación de Santiago, e de Grupo Rodiñas. Esta iniciativa busca difundir entre os/as profesionais da edificación os mellores casos de éxito levados a cabo en España.

O foco principal do ciclo céntrase no proceso e nas solucións construtivas, facendo fincapé na experiencia de primeira man dos/as arquitectos/as e/o técnicos/as que desenvolven o proxecto. Isto permitirá coñecer todos os seus pormenores e vantaxes destes sistemas. Ademais, tamén participarán as industrias e empresas que están a desenvolver estas solucións, achegando datos, identificando barreiras e oportunidades dos distintos proxectos desenvolvidos. Grazas a todo iso exporanse debates abertos que teñen como obxectivo promover a industrialización coordinada cos prescritores para garantir a maior calidade da contorna construída.

O programa e a información desta xornada están dispoñibles na seguinte  [+ligazón].

Oferta de emprego

Oferta de emprego

AC8 ARQUITECTURA. selecciona arquitecto/a colaborador autónomo para o seu estudo en VIGO. Funcións a desempeñar: Desenrolo de todo tipo de proxectos Tipo de contrato: Colaborador autónomo Requisitos: Experiencia demostrable en desenrolo completo de proxectos e...

Conferencia de Manuel Saga

Conferencia de Manuel Saga

O mércores 5 de xuño, ás 19:30 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia: Gaming Architectural History: Por unha resignificación do paradigma a través do videoxogo que será impartida polo arquitecto Manuel...