O próximo mércores, día 29 de maio, ás 12:30 da mañá terá lugar o acto de presentación das novas FICHAS DE SERVIDUMES, elaboradas no marco do convenio entre a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).
Estas fichas recollen a complexa normativa sectorial, tanto autonómica como estatal, que os técnicos relacionados co sector da Edificación e da Planificación Urbanística, profesionais libres e técnicos municipais da Administración deben afrontar diariamente no desempeño do seu traballo. Este labor analítico e de síntese condénsase nunha representación gráfica da lexislación técnica e urbanística sectorial, dando como resultado este conxunto de fichas que se presentan en dous formatos, web e imprimible, para facilitar o seu manexo por parte dos profesionais aos que van destinadas.
O evento, que se celebrará na Sede do COAG, ten un aforo limitado, polo que para acudir presencialmente ao acto, é preciso inscribirse na seguinte ligazón.
- Lugar: Sede do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Praza da Quintana, 1, baixocuberta.
- Horario: 12:30 AM
Por razóns organizativas, a inscrición estará aberta ata as 21:00h do luns 27 de maio.