O xoves día 06 de xuño, ás 19.30 horas, continuamos coa 2ª edición do //CICLO DE CONFERENCIAS //AL NORTE, que organiza a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Nesta cuarta e derradeira conferencia titulada RESISTENCIAS contaremos coa intevención do noso compañeiro valisoletano Óscar Miguel Ares (Contextos de Arquitectura e Urbanismo). Ao finalizar a conferencia levarase a cabo un coloquio, finalizando a xornada cun aperitivo que permita continuar a charla.
A conferencia levarase a cabo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204. Ferrol).
A asistencia é libre e gratuíta. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través da seguinte ligazón: https://www.coag.es/charlas/info.asp?id_charla_p=1077
RELATOR
Óscar Miguel Ares
Valladolid. Obtén o título en 1998. No 2010 consegue o título de Doutor. É profesor de proxectos na ETS de Arquitectura de Valladolid.
Desde marzo de 2012 exerce o seu labor profesional en solitario baixo a marca Contextos de Arquitectura e Urbanismo. Como arquitecto gañou diversos concursos sendo a súa obra premiada na XIV BEAU; obra exposta no Pavillón de España da XII Biennale di Venezia; finalista e seleccionado na XVI BEAU; shortlist nos UE Mies Award 2024; seleccionado e exposto na XI Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo Paraguai e XII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo Ciudad de México; seleccionado nos Premis FAD 2018 e 2022; finalista nos Premios de Arquitectura Española 2017; seleccionado e finalista dos premios Enor (2020, 2022), así como máis dunha decena de premios e mencións nos Premios de Arquitectura de Castela e León así como nos Premios de Construción Sostible de Castela e León. As súas obras foron publicadas en numerosas revistas nacionais e internacionais, entre as que destaca Arquitectura Viva, Tectónica, Domus, Metalocus, Hic Arquitectura ou Baumeister, On Deseño e expuxo en Madrid, Sevilla, Venecia, Milán, Ciudad de México, París ou Nova York.
A revista TC Cuadernos, dedicou un monográfico da súa obra titulado “Óscar Miguel Ares. Arquitectura 2012-2022”.
Foi director, xunto a Anna e Eugeni Bach, da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, «España Vacía / España Llena; estrategias de conciliación», formando parte dos distintos xurados das categorías premiadas.