O Observatorio 2030 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSCAE), en colaboración con a Asociación de Fabricantes de Viviendas Industrializadas de Hormigón en Altura (VIVIALT), poñen en marcha o ciclo ‘Solucións construtivas industrializadas’, que arrincará, o próximo 30 de maio, na Fundación Laboral da Construción, en Santiago de Compostela (Galicia). Esta primeira xornada conta co apoio, para a súa organización a nivel local, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e da súa Delegación de Santiago, e de Grupo Rodiñas. Esta iniciativa busca difundir entre os/as profesionais da edificación os mellores casos de éxito levados a cabo en España.
O foco principal do ciclo céntrase no proceso e nas solucións construtivas, facendo fincapé na experiencia de primeira man dos/as arquitectos/as e/o técnicos/as que desenvolven o proxecto. Isto permitirá coñecer todos os seus pormenores e vantaxes destes sistemas. Ademais, tamén participarán as industrias e empresas que están a desenvolver estas solucións, achegando datos, identificando barreiras e oportunidades dos distintos proxectos desenvolvidos. Grazas a todo iso exporanse debates abertos que teñen como obxectivo promover a industrialización coordinada cos prescritores para garantir a maior calidade da contorna construída.
- Data | 30/05/2024
- Hora | 17.00 h – 20.30 h
- Modalidade | presencial
- Lugar | Edificio de la Fundación Laboral de la Construcción: Rúa de Pontepedriña Arriba, 13 – Santiago de Compostela
O programa e a información desta xornada están dispoñibles na seguinte [+ligazón].
- Asistencia presencial: é necesaria inscrición no seguiente [+ligazón].
- Seguimento en streaming: https://www.youtube.com/live/3vcsEf6a_qQ