Tal e como se indica na Circular 9 2024, a Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa sesión 14/2024 de 22 de maio, ao tratar dentro do punto relativo ao Proxecto de regulamento da “Agrupación Galega de Arquitectos e Arquitectas nas Administracións Públicas” elaborada pola Comisión Xestora designada a tal efecto, adoptou o acordo de aprobar provisionalmente o Regulamento e convocar, para a súa aprobación definitva, unha Xunta Xeral extraordinaria, a celebrar inmediatamente a continuación da Xunta Xeral ordinaria convocada para o 28 de maio de 2024.
Así mesmo, aprobouse elevar a Memoria de Xestión do exercicio 2023, para a súa aprobación definitiva pola Xunta Xeral.
Máis información na Circular 9 2024.