Categoría

Curso Taller sobre a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios

Curso Taller sobre a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios

O obxectivo do curso é elaborar, a través dun taller práctico, o Informe de Avaliación de Edificios dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela.

Os principais fins que articulan a metodoloxía exposta neste curso son:

  1. Que os alumnos coñezan e poidan participar no proceso completo, desde a fase de toma de datos previa ata o documento finalizado, pasando pola visita de inspección (cuxa gravación “in situ” expoñeremos nunha das sesións do curso), análise dos datos recollidos e propostas finais.
  2. Propoñer unha metodoloxía de traballo para a elaboración do IAE, para o que utilizaremos as fichas elaboradas polo COAG, dispoñibles na web colexial como material de apoio á redacción, para a toma de datos e análises do estado de conservación e do grao de cumprimento de accesibilidade.
  3. Analizar, debater e concluír, nas sesións de taller, cales son as medidas para emendar as deficiencias na conservación así como as medidas de adecuación viables de accesibilidade.
  4. Redactar o IAE. A partir de toda a información das sesións previas, elaboraremos o IAE deste edificio utilizando para iso a ferramenta do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Este curso desenvolve a totalidade dos contidos obrigatorios do IAE coa excepción do CEE. Esta parte, ao ter uns procedementos tanto de cálculo como de tramitación propios e ser un documento transversal a moitos outros traballos, abordarase nun segundo curso que convocaremos máis adiante.

Prezos de matrícula e aforo

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 65 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros

O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o venres 14/06/2023 ás 12:00 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 12:00 h do venres 14/06/2023 ata o mércores 19/06/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Xornada de traballo + debate O Bordo Litoral Portuario

Xornada de traballo + debate O Bordo Litoral Portuario

O venres 14 de xuño, ás 17:0 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a Xornada de traballo + debate O Bordo Litoral Portuario, á que están convidados unha nómina de expertos/as do ámbito da arquitectura e o urbanismo, xunto a representantes dos sectores produtivos ligados ao Porto da Coruña, ademais dunha representación da veciñanza da cidade.

read more…

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Infórmase da publicacion, no DOG nº 111 de 10 de xuño, da RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 30 de maio de 2024 pola que se convoca, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. read more…

Visitando GDA [2023] – Cambio de data

Visitando GDA [2023] – Cambio de data

Baños de San Xusto · Cerdedo-Cotobade · Cristina García Fontán

Infórmase que, por motivos alleos á organización colexial, é preciso cambiar a data desta visita, sendo a nova data o sábado 22 de xuño, co mesmo horario.

Aberto o prazo de inscrición para a última xornada do ciclo Visitando GDA [2023], que terá lugar o sábado 22 de xuño, ás 11:00 horas, na que nos achegaremos a Cerdedo-Cotobade para visitar a Recuperación patrimonial e paisaxística dos baños de San Xusto.  read more…

Invitación xornada inaugural TAC! 2024

Invitación xornada inaugural TAC! 2024

O xoves 13 de xuño ás 11:30 h convidámosche a darlle a benvida á terceira edición de TAC! Festival de Arquitectura Urbana en Vigo. Á presentación do pavillón Que faena(r)! seguiralle a inauguración da exposición dos traballos máis destacados presentados á convocatoria...

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

Infórmase da publicacion, no DOG nº 111 de 10 de xuño, da RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 30 de maio de 2024 pola que se convoca, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de...

Visitando GDA [2023] – Cambio de data

Visitando GDA [2023] – Cambio de data

Baños de San Xusto · Cerdedo-Cotobade · Cristina García Fontán Infórmase que, por motivos alleos á organización colexial, é preciso cambiar a data desta visita, sendo a nova data o sábado 22 de xuño, co mesmo horario. Aberto o prazo de inscrición para a última xornada...