Gravación en directo na Delegación de Lugo do podcast BIMrras

4 xuñ 2024

?️O venres día 7 de xuño ás 17.00 a Delegación de Lugo convértese nun estudio de gravación. Recibimos ao podcast @BiMrras para unha gravación en directo dun dos seus episodios. Nesta ocasión contarán con un invitado especial: @antoniotort.

BIMrras

BIMrras é un podcast quincenal no que tres arquitectos españois BIMtrastornados que discuten sobre todo o relacionado co mundo do Building Information Modeling, a transformación dixital e a tecnoloxía aplicada ao sector da construción desde o ano 2018. BIMrras son Rogelio Carballo, Evelio E. Sánchez e Rafael Tenorio Aranguren. Tres arquitectos galegos apaixonados da tecnoloxía e con máis de 20 anos de experiencia profesional ás súas costas.

Antonio Tort é un arquitecto español e pioneiro na metodoloxía BIM (Building Information Modeling) en España. Tras graduarse en arquitectura  na ETSA da Coruña a finais de 1990, comezou a traballar con AutoCAD e fundou un Autodesk Training Center en 1992. En 1995, tivo o seu primeiro contacto con ArchiCAD en Helsinqui e desde entón estivo vinculado ao mundo BIM desde diferentes perspectivas. En 2014 creou uns dos primeiros máster de xestión BIM e actualmente dirixe o seu estudo de arquitectura en Lugo.

Lugar:  Delegación de Lugo do Coag.

Data: 7 de xuño ás 17 horas.

Actividade aberta ao público na que poderá realizar preguntas e participar nos debates que poidan ter lugar. Tras a gravación serviremos uns petiscos.

Pode seguirse en directo a través do seguinte ENLACE.

Compartir