O xoves 13 de xuño ás 11:30 h convidámosche a darlle a benvida á terceira edición de TAC! Festival de Arquitectura Urbana en Vigo.
Á presentación do pavillón Que faena(r)! seguiralle a inauguración da exposición dos traballos máis destacados presentados á convocatoria aberta para o deseño do pavillón temporal desta edición do festival. Será ás 13:00 h na Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). A continuación, na mesma sede, gozaremos dunha mesa redonda entre os gañadores e finalistas do concurso e os produtores locais que colaboraron no proxecto.
Xa pola tarde, ás 19,30 horas terá lugar, na Porta do Sol, a inauguración institucional TAC! Festival de Arquitectura Urbana 2024.
A continuación, ás 20,00 h., o grupo artístico Lolo & Sosaku realizará unha activación sonora do pavillón que poñerá o broche final a esta xornada inaugural.
Esperámosvos para celebrar a arquitectura nova!