Infórmase da publicacion, no DOG nº 111 de 10 de xuño, da RESOLUCIÓN do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 30 de maio de 2024 pola que se convoca, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
Esta resolución ten por obxecto convocar, para a anualidade de 2024, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (en diante, Fondo de cooperación), así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el (código de procedemento VI438A).
Para máis información, consultar o seguinte ENLACE