Curso Taller sobre a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios

11 xuñ 2024

O obxectivo do curso é elaborar, a través dun taller práctico, o Informe de Avaliación de Edificios dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela.

Os principais fins que articulan a metodoloxía exposta neste curso son:

  1. Que os alumnos coñezan e poidan participar no proceso completo, desde a fase de toma de datos previa ata o documento finalizado, pasando pola visita de inspección (cuxa gravación “in situ” expoñeremos nunha das sesións do curso), análise dos datos recollidos e propostas finais.
  2. Propoñer unha metodoloxía de traballo para a elaboración do IAE, para o que utilizaremos as fichas elaboradas polo COAG, dispoñibles na web colexial como material de apoio á redacción, para a toma de datos e análises do estado de conservación e do grao de cumprimento de accesibilidade.
  3. Analizar, debater e concluír, nas sesións de taller, cales son as medidas para emendar as deficiencias na conservación así como as medidas de adecuación viables de accesibilidade.
  4. Redactar o IAE. A partir de toda a información das sesións previas, elaboraremos o IAE deste edificio utilizando para iso a ferramenta do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Este curso desenvolve a totalidade dos contidos obrigatorios do IAE coa excepción do CEE. Esta parte, ao ter uns procedementos tanto de cálculo como de tramitación propios e ser un documento transversal a moitos outros traballos, abordarase nun segundo curso que convocaremos máis adiante.

Prezos de matrícula e aforo

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 65 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 40 euros

O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Fomento da participación.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente online, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.
Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.
  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o venres 14/06/2023 ás 12:00 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: dende as 12:00 h do venres 14/06/2023 ata o mércores 19/06/2023 ás 23:59h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles. 

Programa completo e matrícula

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explican as actividades que integran en curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Compartir