Baños de San Xusto · Cerdedo-Cotobade · Cristina García Fontán
Infórmase que, por motivos alleos á organización colexial, é preciso cambiar a data desta visita, sendo a nova data o sábado 22 de xuño, co mesmo horario.
Aberto o prazo de inscrición para a última xornada do ciclo Visitando GDA [2023], que terá lugar o sábado 22 de xuño, ás 11:00 horas, na que nos achegaremos a Cerdedo-Cotobade para visitar a Recuperación patrimonial e paisaxística dos baños de San Xusto.
En primeiro lugar, asistiremos a unha charla impartida por Cristina García Fontán, autora do proxecto, na que nos contará os detalles da obra e, despois, faremos unha visita guiada pola casa de baños, o circuito exterior das augas e os muíños restaurados, un deles como sauna.
A continuación, achegarémonos á Carballeira de San Xusto para visitar a obra de acondicionamento da contorna da carballeira, proxecto tamén de Cristina García Fontán.
Para finalizar a xornada, o Concello de Cerdedo-Cotobade convidaranos a uns petiscos na carballeira.
Programa da xornada:
- Charla: 11:00 – 11:45 horas
- Visita aos baños: 11:45 – 12:45 horas
- Visita á carballeira e petiscos: 13:00 – 14:00 horas
Debido á dificultade para poder aparcar na contorna dos baños, recoméndase facer uso do autobús que se porá a disposición de todas as persoas interesadas en asistir á visita, que sairá ás 10:30 horas dende a Praza de Galicia, en Pontevedra (enfrente NAKASA), tendo previsto o seu regreso ás 14:30 horas.
O acto é aberto ao público pero, por cuestións de organización, é preciso confirmar a asistencia á visita, así como a reserva de praza no autobús, antes das 14:00 horas do venres 21 de xuño na seguinte ligazón.
Importante: as persoas que se apuntaron previamente para esta visita, DEBERÁN VOLVER A ENVIAR O FORMULARIO PARA CONFIRMAR A SÚA DISPOÑIBILIDADE PARA A NOVA DATA.
A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG