O venres 14 de xuño, ás 17:0 horas, na Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, terá lugar a Xornada de traballo + debate O Bordo Litoral Portuario, á que están convidados unha nómina de expertos/as do ámbito da arquitectura e o urbanismo, xunto a representantes dos sectores produtivos ligados ao Porto da Coruña, ademais dunha representación da veciñanza da cidade.
O obxectivo desta Xornada é poñer á disposición dos colexiados/as información de primeira man sobre este asunto de especial transcendencia para a cidade, recoller as preocupacións dos distintos colectivos en relación ao futuro do bordo litoral portuario da Coruña, así como recabar información para responder, de forma argumentada, ás distintas convocatorias de participación pública nas que se poida tratar a problemática do bordo litoral portuario.
Lista de Expertos confirmados:
- Teresa Táboas Veleiro, Vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectos, UIA e da Fundación Juana de Vega
- Miguel Abelleira Doldán, Director da ETSAC, UDC
- Alfonso Díaz Revilla, Profesor Asociado de Urbanística e Ordenación do Territorio na ETSAC, UDC
- Fernando Vidal, Presidente de AUSPORT, Asociación de Usuarios do Porto da Coruña
- Javier Mariñas, Presidente da Confraría de Pescadores e Mariscadores da Coruña
- Ángela Barrán, Presidenta dos praceiros de San Agustín
- Xan Creus, Profesor na área de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da ETSAC, UDC.
- Daniel Beiras García-Sabell, Xefe do servizo de arquitectura da Deputación da Coruña
- Juan Carlos Corras, Presidente da Lonxa da Coruña
- Jorge Rodríguez Álvarez, Profesor na área de Urbanística e Ordenación do Territorio na ETSAC, UDC
- Enrique Seoane Prado, Profesor Asociado de Urbanística e Ordenación do Territorio na ETSAC, UDC
- Luisa Varela Ínsua, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana
- Jesús Irisarri, Profesor no Departamento de Proxectos Arquitectónicos Urbanismo e Composición da ETSAC, UDC
- Fernando Agrasar Quiroga, Profesor na Área de Composición da ETSAC, UDC
- Juan Mosquera, consultor en Arquitectura e urbanismo
- Xosé Allegue, experto independente na área de Patrimonio
- Benedicto Álvarez, estudoso na área de Lexislación urbanística
- Ramón Fernández Sánchez, arquitecto e socio da cooperativa Hábitat Social
- Álvaro López González Mallo, arquitecto urbanista
DATA:
Venres 14 de xuño 2024 – 17:00 horas
LUGAR:
COAG A Coruña
Rúa Federico Tapia, 64, 15005 A Coruña
COLABORA:
Asociación cultural Flor de Santiago