Curso_”Comunicar a arquitectura. Estratexias e ferramentas para posicionar o teu estudo de arquitectura”

3 Nov 2026

A comunicación formou sempre parte, dunha maneira ou doutra, do exercicio da arquitectura. Cada proxecto incorpora unha serie de decisións, procesos e valores que necesitan ser explicados para chegar a clientes, promotores, administracións, medios de comunicación e á sociedade en xeral.

Nun contexto no que a visibilidade profesional xa non depende unicamente da obra construída ou da súa publicación en revistas especializadas, os estudos de arquitectura necesitan desenvolver unha estratexia de comunicación capaz de reforzar o seu posicionamento, transmitir a súa identidade e xerar novas oportunidades profesionais.

Este curso ofrece unha visión integral da comunicación aplicada á arquitectura, entendida como unha ferramenta estratéxica que acompaña o proxecto desde a súa concepción ata a súa difusión.

Ao longo de catro tardes abordaremos a construción do relato, a comunicación de proxectos, a relación cos medios, a planificación de contidos e o uso profesional das redes sociais. Traballaremos o posicionamento en buscadores con intelixencia artificial e o uso da IA como ferramenta de apoio para a comunicación do estudo.

A formación parte da experiencia profesional e da análise de casos reais. A través de proxectos, campañas e estratexias desenvolvidas para estudos de arquitectura, institucións e eventos do sector, ofrece criterios e ferramentas aplicables ao traballo cotián, de acordo coa maneira de proxectar e exercer a profesión de cada estudo.

  • Comprender o papel da comunicación como parte do exercicio profesional da arquitectura.
  • Aprender a construír un relato coherente do estudo e dos seus proxectos.
  • Explicar a arquitectura a públicos diversos sen perder rigor técnico.
  • Coñecer o funcionamento dos medios especializados e xeneralistas.
  • Revisar a presenza dixital do estudo e identificar melloras para a súa visibilidade en buscadores e respostas de IA.
  • Planificar unha estratexia de comunicación compatible co traballo cotián do estudo.
  • Utilizar a intelixencia artificial para crear e organizar contidos con criterio e revisión crítica.

Este curso está dirixido a arquitectos, estudos de arquitectura e profesionais do sector AECO interesados en incorporar a comunicación como unha ferramenta estratéxica para o desenvolvemento da súa actividade profesional.

Prezos de matrícula

  • Matrícula ordinaria: 130 euros
  • Arquitectos colexiados: 65 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 35 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG ( moodle.coag.es ). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:
O aforo é limitado.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o martes 10/11/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde as 23:59 h do martes 10/11/2026 ata o luns 16/11/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula:
No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de

Compartir