O COAG e a Xunta de Galicia asinan un convenio para dar continuidade ao ProxectoTERRA e contribuír a que a cidadanía perciba a arquitectura e o territorio coma piares básicos da cultura galega.
Despois de 26 anos do inicio do Proxecto Terra, o COAG asinou coas Consellerias de Vivenda e Educación o convenio bienal para o seu desenvolvemento nos centros galegos. Esta edición o convenio alcanza os 437.000 euros, e decir 218.500 euros cada un dos cursos academicos, o que supón a maior cuantia ao longo da existencia desta iniciativa.
Renovaranse os recursos educativos para os cursos académicos 26-27 e 27-28, tamén en versión dixital, crearase material audiovisual tendo en conta a perspectiva de xénero, a Nova Bauhaus Europea e a Lei de calidade da arquitectura, e proseguirase coa formación do profesorado, de novo baixo a coordinación da arquitecta Sheila Garcia.
Asimismo desenvolveranse actividades complementarias, como visitas guiadas de arquitectura e cidade, intercambios territoriais, actividades de asesoría a centros educativos e o programa de formación continua da cidadanía “Xentes, Espazos e Lugares”
Proxecto Terra – Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia – Proxecto Terra
