Curso-Taller práctico para a elaboración do Informe de Avaliación de Edificios (IAE) e o Libro do Edificio Existente (LEEx)

29 Xul 2026

O obxectivo do curso é elaborar, a través de obradoiros prácticos, o Informe de Avaliación de Edificios e o Libro do Edificio Existente dun edificio real. O edificio escollido para iso é o edificio Apolo, en Santiago de Compostela.

A Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, establece a obriga de dispoñer do Informe de Avaliación de Edificios (IAE), polo menos, para os edificios de vivenda colectiva e de antigüidade superior a 50 anos. Ademais, o Real Decreto 326/2026, do 22 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, esixe o Libro do Edificio Existente para a solicitude de axudas á rehabilitación integral de edificios de vivenda (artigo 97). O número de inmobles afectados, a día de hoxe, por esta esixencia é elevado. Así, este curso pretende ser unha importante ferramenta de axuda, desde o punto de vista práctico, para levar a cabo de forma solvente estes traballos.

O curso estrutúrase en dúas partes:

  • Parte I _ O Informe de Avaliación de Edificios IAE
  • Parte II _ O Libro do Edificio Existente LEEx

Pecharase cunha última sesión de debate sobre todos os aspectos abordados e resolución de dúbidas.

Prezos de matrícula e aforo

  • Matrícula ordinaria: 140 euros
  • Arquitectos colexiados: 70 euros
  • Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 45 euros

Metodoloxía

  • Flexibilidade para o alumno.
  • Enfoque práctico.
  • Certificado de aproveitamento.
  • O curso desenvólvese en modalidade integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do que se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilizarán.

Aforo e prazos de matrícula:

O aforo é limitado. As prazas asignaranse por rigorosa orde de matriculación.

  • Prazo preferente de matrícula (exclusivo para colexiados COAG subscritos ao servizo de formación): ata o mércores 02/09/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.
  • Todas as modalidades: desde as 23:59 h do mércores 02/09/2026 ata o luns 7/09/2026 ás 23:59 h, ou ata esgotarse as prazas dispoñibles.

Programa completo e matrícula:

No programa completo, que pode consultarse a continuación, descríbese a metodoloxía e explícanse as actividades que integran o curso e a súa temporización e modalidades de seguimento.

[+ matriculación e programa completo do curso]

Coa colaboración de

Compartir