O próximo mércores, 21 de outubro ás 12:00, terá lugar o próximo COAGconta sobre o Granito. Nesta xornada, Nuria Sánchez achegaranos as ferramentas e os coñecementos técnicos necesarios para unha correcta prescrición da pedra natural en proxectos de interior e exterior.
Ao longo do webinar abordaranse aspectos fundamentais como a selección dos materiais, as súas variedades e acabados, a incorporación da pedra natural ao Prego de Prescricións Técnicas Particulares (PPTP), a documentación obrigatoria en obra e a interpretación técnica dos ensaios de laboratorio.
Así mesmo, presentaranse pautas xerais de deseño construtivo orientadas a optimizar as prestacións técnicas, a durabilidade e as posibilidades estéticas da pedra natural nos proxectos arquitectónicos.
Para o seguimento en directo desta xornada, é necesaria inscrición no seguinte [+ ligazón]
