Actuacións do Colexio

24-03-2025
O COAG presentou recurso de reposición en impugnación bases e convocatoria de 1 praza de arquitecto técnico Concello de Narón.
14-02-2025
Resolución do concello de Poio mediante a que se estima o recurso de reposición presentado polo COAG en impugnación da licitación do concello de poio para a adxudicación do contrato de servizos profesionais para a elaboración de documentos e proxectos para o desenvolvemento do peid de instalacións deportivas na seca.
10-01-2025
O COAG presenta un recurso de reposición en impugnación da licitación do concello de poio para a adxudicación do contrato de servizos profesionais para a elaboración de documentos e proxectos para o desenvolvemento do peid de instalacións deportivas na seca
09-10-2024
Resolución da alcaldía do Concello de Valga DE 9/10/2024 pola que se estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da Resolución Nº 2024-0406 da alcaldía do Concello de Valga, de 20 de agosto de 2024, mediante a que se aprobaron as bases reguladoras do proceso selectivo, por concurso-oposición, dunha praza de arquitecto persoal laboral (BOP Pontevedra Nº 169 de 30 de agosto)
07-10-2024
En resposta á petición do COAG a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).
02-10-2024
O COAG remitiu unha carta á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración solicitando a ampliación de prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a rehabilitación da escola de formación profesional e da clínica da antiga Fábrica de armas para a creación dun centro de formación especializado en novas ocupacións relacionadas coa transición verde e dixital na Cidade das TIC (A Coruña) cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa do Fondo de Transición Xusta (expediente 2024_016_SXT_FCE).