O COAG realiza unha solicitude urxente de prorroga do prazo de presentación de propostas na licitación do contrato de “Servizo de redacción do proxecto básico e de execución (incluído o estudo de seguridade e saúde) das obras de construción dun novo Edificio Xudicial na Estrada (Pontevedra)”. Código do expediente: 2023-SEXU 16-sc.

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)