Actuacións do Colexio

09-03-2026
O Tribunal Supremo, mediante a sentenza Nº 263/2026, de 3 de marzo, da Sala de lo Contencioso -Administrativo, Sección Cuarta, estima o recurso de casación do COAG (REC. CASACIÓN 7642/2023) en relación coa impugnación dos pregos da licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a contratación de “servizo de redacción de proxecto básico e de execución e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo Modelo Residencial de Maiores da Xunta de Galicia no Centro Residencial de Atención A Persoas Dependentes (CRAPD 1) en Vigo.
27-02-2026
O COAG recorre en apelación a sentenza nº 00021/2026, de 5 de febreiro de 2026 do Xulgado Contencioso Administrativo nº 3 de A Coruña que desestima o recurso contencioso administrativo presentado polo COAG en impugnación das bases do proceso selectivo para persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.
26-02-2026
O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra, mediante sentenza 43/2026, de 23 de febreiro, de estimación parcial do recurso contencioso administrativo interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Concello de Meaño para a contratación do servizo de redacción do proxecto de “execución dun acceso de mobilidade peonil, próximo ao bordo costeiro en sexiños”.
09-02-2026
O COAG, en defensa das competencias da profesión, presenta un recurso contencioso administrativo en impugnación dos pregos reguladores das condicións da licitación da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A (SEAGA), para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde para a construción da sede central de SEAGA (Expediente PAH/013/2514/2023 (SAG-2025-0012), publicada no Perfil do Contratante o 19-12-2025).
04-02-2026
O COAG, en defensa das competencias da profesión, comparece e constitúese en parte nun procedemento xudicial tramitado no Xulgado Contencioso Administrativo Nº 4 de A Coruña, relativo a un recurso contencioso administrativo polo que se impugna unha licenza concedida polo Concello de Mesía en relación cunha legalización de edificación de uso industrial de taller de carpintería de madeira en base a un proxecto subscrito por arquitecto
25-01-2026
Ante a desestimación do recurso presentado polo Colexio en vía administrativa, o COAG recorre na xurisdicción social as bases da convocatoria do proceso selectivo da Sociedade Pública de Vivenda de Galicia, s.a (VIPUGAL) para a cobertura temporal do posto de coordinador técnico